Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Xenómica Mariña
   Contidos
Tema Subtema
A organización dos xenomas mariños O xenoma nuclear e mitocondrial. Cromosomas, xenes e compoñentes repetitivos dun xenoma. Cariotipos e tamaños dos xenomas mariños. Variantes nucleotídicas e estruturais dun xenoma. Bases de datos xenómicos.
Aplicacións das técnicas NGS á análise dos xenomas mariños Novas tecnoloxías de secuenciación xenómica de alto rendemento. Modalidades de secuenciación de xenomas e transcriptomas. Estratexias de secuenciación para a identificación de variantes dun xenoma. Identificación e análise de variantes xenómicas. Aplicacións da secuenciación xenómica ao estudo dos organismos mariños.
Secuenciación de xenomas de referencia Estratexias para a secuenciación dun xenoma de referencia. Scaffolding e estima da calidade dun ensamblaxe (valor do parámetro N50). Construción de mapas xenómicos con datos NGS. Anotación dun xenoma de referencia. Estima do tamaño dun xenoma mediante o cálculo de k-mers. Proxectos e bases de datos de xenomas mariños de referencia.
Aplicacións da xenómica ao estudo da vida mariña Biodiversidade e bioxeografìa. Cambio inducido e evolución adaptativa. Xenómica mariña e acuicultura.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000