Guia docente 2023_24
Facultad de Biología
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Técnicas de Mostraxe e Recoñecemento de Organismos e Comunidades Mariñas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Saídas de estudo Evaluación continua da asistencia,
actitude, participación activa e traballo do
estudante durante as sesions na aula,
no laboratorio, as saídas de campo, os
seminarios e as titorías
20 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B6
C8
D3
D4
D5
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Ao longo da semana de duración desta materia, o alumno irá reenchendo un caderno de prácticas, que se lle entregará ao inicio, con tódalas actividades docentes realizadas e que deberá entregar ao final da semana, para seren avaliado polos profesores da materia: 40%.

Cada alumno deberá elaborar un traballo de resultados cos datos obtidos e coa súa discusión correspondente. Darase especial relevancia á calidade e presentación deste traballo: 40%.
80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B5
C2
C3
C14
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación dos estudantes farase en función de tres metodoloxías/probas diferentes: 

- avaliación continua da asistencia e do traballo dos estudantes durante o curso (20%)

- Avaliación do caderno de prácticas (40%)

- Avaliación do traballo de resultados obtidos durante o curso (40%)

O caderno de prácticas, escaneado, e o traballo, en pdf, serán remitidos a/ao coordinador/a da materia nas dúas semanas seguintes ao remate da docencia. Para cada curso académico establecerase a data concreta da entrega

Na segunda oportunidade, a avaliación dos alumnos realizarase
coa mesma metodoloxía que na primeira oportunidade (20% - 40% - 40%).

Dado que se trata de un curso eminentemente práctico, a asistencia ó mesmo é obrigatoria. No caso de non asistir ao curso non se terá dereito a recuperación na segunda oportunidade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000