Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas e Literaturas Oficiais: Castelán e Galego
 Materias
  Investigación e Innovación na Área das Linguas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Observación sistemática: Técnicas destinadas a compilar datos sobre a asistencia e participación do alumnado nas sesións de clase e na resolución de problemas, exercicios e tareas de clase. 20 C23
C24
C26
Presentación O alumnado fará unha presentación oral ante o grupo dun traballo escrito previamente entregado á docente. 40 C22
D1
Traballo O alumnado presentará un traballo escrito, individual, sobre un tema que acordará coa docente da materia. 40 B12
B17
C23
C24
C26
C27
C31
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Avaliación continua

Non se esixe asistencia a clase para acollerse ao sistema de avaliación continua; con todo, a materia é presencial: é responsabilidade do alumnado, asista ou non a clase, manterse ao tanto da materia (e das novidades ou axustes que se poidan producir ao longo do curso) a través do contacto coa docente e da plataforma Moovi.

A avaliación estrutúrase en tres partes:

1. Traballo escrito (40%)
2. Presentación oral (40%)
3. Observación sistemática (20%) 

Avaliación única

O alumnado que opte pola avaliación única deberá superar as tres partes da avaliación; a observación sistemática substituirase por un breve traballo escrito que se acordará coa docente. O alumnado que opte por este sistema deberá comunicalo  por escrito (correo electrónico) á docente na primeira semana do curso. De non comunicar nada, enténdese que se opta por avaliación continua.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Quen non alcancen o aprobado na primeira oportunidade poderán presentarse en xuño ou xullo, na data oficial correspondente, nas mesmas condicións que rexen para a primeira edición de actas. 

OBSERVACIÓNS

Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección e adecuación lingüística.

No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta puntuarase con 0.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000