Educational guide 2023_24
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas e Literaturas Oficiais: Castelán e Galego
 Materias
  Didáctica da Lingua e Literatura Castelá na Educación Secundaria
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
1 O obxectivo xeral é complementar a formación dos estudantes na dirección do cometido profesional ao que se encamiña. Deste xeito, deberán finalizar o curso cunha visión realista e actualizada do profesorado de Lingua castelá e literatura en secundaria e adquirir as destrezas que se especifican no apartado correspondente para poder empregalas nun futuro. 2 Entre os obxectivos máis específicos está o de suscitar interese pola profesión e ter consciencia da necesidade da reciclaxe continua, que requirirá investigar e estar informado constantemente das novidades que poidan xurdir. B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B12
B13
B16
B17
C3
C8
C13
C14
C15
C16
C17
C18
C19
C20
C21
C22
C24
C25
C26
C27
C28
C29
C30
C31
D1
D2
D3
1. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe, potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como a orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro. 2. Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas. 3. Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas, tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade do estudantado. 4. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudantado e promover a súa capacidade para aprender en por si, e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais. 5. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos. 6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. 7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. 8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas do estudantado. 9. Integrar a formación en comunicación audiovisual-multimedia no proceso de ensino/aprendizaxe. 10. Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. 11. Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. 12. Xestionar de forma excelente o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións. 13. Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinares. B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B12
B13
B16
B17
C3
C8
C13
C14
C15
C16
C17
C18
C19
C20
C21
C22
C23
C24
C25
C26
C27
C28
C29
C30
C31
D1
D2
D3
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000