Educational guide 2023_24
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas e Literaturas Oficiais: Castelán e Galego
 Materias
  Didáctica da Lingua e Literatura na Educación Secundaria
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
1.- Nesta materia se manteñe a avaliación da modalidade presencial coa salvedade de que se realizarán coas ferramentas proporcionadas pola Universidade de Vigo (aulas e despachos virtuais, correo electrónico e plataforma de teledocencia.

2.- Na modalidade mixta, na que unha parte do estudantado permanecerá na clase, seguindo o resto do estudantado as clases dun modo preferentemente síncrono ou asíncrono dependendo da ferramenta que mellor se adapte a cada unha, as metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán a mesmas que a da modalidade presencial adaptando os
grupos e quendas para cumprir coa normativa sanitaria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000