Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas Estranxeiras
 Materias
  Estratexias de Innovación Docente no Campo das Linguas Estranxeiras
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Asistencia e participación nas sesións lectivas ordinarias. 5 B3
B8
C7
C8
C9
C10
C13
C14
D1
D2
D3
Seminario Elaboración e entrega en prazo das actividades requiridas ao longo das sesións lectivas 30 B3
B8
C7
C8
C9
C10
C13
C14
D1
D2
D3
Obradoiro Elaboración e entrega en prazo dos traballos propostos nas sesións lectivas 30 B3
B8
C7
C8
C9
C10
C13
C14
D1
D2
D3
Presentación Elaboración e presentación final dun proxecto de innovación docente nos termos plantexados ao comezo da materia. 35 B3
B8
C7
C8
C9
C10
C13
C14
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consideracións xerais

Para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos. 

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade, así como o non respeto das licenzas de uso, suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón o plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

1ª Oportunidade

Existen dous sistemas de avaliación (continua e única) para superar a materia nesta primeira oportunidade e participar nun deles implica a imposibilidade de participar no outro.

a) Avaliación continua

Para poder acollerse a este sistema é imprescindible que o alumnado realice e entregue en prazo as diferentes actividades e traballos que se vaian propoñendo en seminarios e obradoiros. As probas nas que non se participe ou as actividades non entregadas no prazo estipulado computarán como 0. Igualmente, o alumnado que opte por este sistema de avaliación deberá cumprir co mínimo de asistencia obligatoria acordada polo máster. 

b) Avaliación única

A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas na proba única establecida pola coordinación do mestrado. Téñase en contra que a proba de aviación única versará sobre os aspectos teóricos e prácticos da materia e o seu carácter será marcadamente práctico, tal e como o son as probas para o alumnado que se acolle á aviación continua. 

Para a realización da proba única cómpre que o alumnado acuda á aula designada con ordenador portátil ou tablet.

2ª Oportunidade

A proba única que a coordinación do mestrado fixe oficialmente para o mes de xuño/xullo versará sobre os aspectos teóricos e prácticos da materia. Ao igual que a proba de aviación única da primeira oportunidade, esta terá un marcado carácter práctico, na liña das probas requiridas ao alumnado que se acolleu á aviación continua.

Para a realización da proba única cómpre que o alumnado acuda á aula designada con ordenador portátil ou tablet.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000