Guia docente 2023_24
Facultad de Biología
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas Estranxeiras
 Materias
  Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Na modalidade de avaliación continua, cada alumno deberá realizar ao longo do curso 5 probas de avaliación (unha por cada un dos docentes da materia). Os criterios de avaliación, así como o formato, modalidade e prazos de presentación serán establecidos en cada grupo por cada profesor responsábel no inicio do curso. A avaliación será, por tanto, continua, progresiva e sumativa. Cada profesor emitirá unha nota individual sobre 10. Esta será ponderada en función do número de horas do docente e sumada á dos demais para obter a cualificación final do alumno. 100 B3
B4
B5
C2
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C13
C14
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

ASISTENCIA E AVALIACIÓN CONTINUA

O alumnado que asista regularmente ás clases será avaliado durante o curso por medio de un mínimo de 5 probas de avaliación (traballos e actividades propostos polos docentes), unha por cada un dos/as docentes da materia. Os criterios de avaliación, así como o formato, modalidade e prazos de presentación serán establecidos en cada grupo por cada profesor/-a responsábel no inicio do curso. A avaliación será, por tanto, continua, progresiva e sumativa. Cada profesor/-a emitirá unha nota individual sobre 10. Esta será ponderada en función do número de horas do/a docente e sumada á dos/as demais para obter a cualificación final do alumno/a.

O alumnado que supere o 20% de inasistencia ás sesións docentes perderá o seu dereito á avaliación continua descrita no parágrafo anterior e poderá obter unha avaliación global por medio dun exame final comprensivo, tal e como se describe máis abaixo.

O plaxio nun traballoou presentación será cualificado cun 0.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI e estar ao tanto das datas de entrega de traballos, de presentacións e de avaliación.

AVALIACIÓN GLOBAL

O alumnado que non siga ou non supere a avaliación continua poderá acollerse a unha avaliación global da materia, que se realizará mediante un exame (tanto na convocatoria de primeira oportunidade como na da segunda oportunidade).

Este exame consistirá na realización dunha proba que constará de cinco partes, unha por cada un das/os docentes da materia. Cada profesor/-a emitirá unha nota individual sobre 10 puntos, e esta será finalmente ponderarda en función do número de horas que cada docente imparte, e sumada á dos demais para obter a cualificación final do/a alumno/a.

As datas destes exames serán as fixadas pola secretaría do Mestrado.



Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000