Guia docente 2023_24
Facultad de Biología
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas Estranxeiras
 Materias
  As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Unha recapitulación e comentario do impartido en cada sesión do curso publicado por cada alumno/a no seu blogue de traballo, tanto da primeira parte da materia (30%) como da segunda (30%). 60 B1
B3
B5
B10
C7
C10
C14
Presentación Unha presentación sobre un aspecto relacionado co temario da materia durante as sesións presenciais do curso. 40 B1
B4
B6
B10
B13
B17
C3
C6
C8
C10
C12
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
AVALIACIÓN CONTINUA E ASISTENCIA

O alumnado que asista regularmente ás aulas será avaliado durante o curso (avaliación continua) por medio de tres tarefas: 1) as entradas publicadas nos blogues de traballo de xeito regular durante o curso referidos á primeira parte da materia (30%), 2) as entradas publicadas nos blogues de traballo de xeito regular durante o curso referidos á segunda parte da materia (30%) e 3) unha presentación sobre un aspecto relacionado cos contidos do programa previamente acordado co profesorado da materia (40%). Ademais, terá que realizar as tarefas de aula programadas durante o desenvolvemento da materia.

As entradas dos blogues terán que ser redactadas e publicadas conforme
ao calendario que se fixe ao comezo do curso. Cada comentario entregado
tarde contará como 0 a efectos do 30% +30% da cualificación final que
corresponde a "traballos tutelados".  As normas de redacción e
tratamento de temas deses comentarios tamén serán fixadas ao comezo das
sesións presenciais. No tocante as presentacións, estas terán lugar
tamén durante as sesións presenciais do curso segundo as datas fixadas
polo profesorado da materia.

O alumnado que supere o 20% de inasistencia ás sesións docentes perderá o seu dereito á avaliación continua descrita no parágrafo anterior e poderá obter unha avaliación global por medio dun exame final comprensivo, tal e como se describe máis abaixo.

O plaxio nun traballo ou presentación será cualificado cun 0.

É
responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a
través da plataforma MOOVI e estar ao tanto das datas de entrega de
traballos, de presentacións e de avaliación.

AVALIACIÓN GLOBAL

O alumnado que non siga ou non supere a
avaliación continua poderá acollerse a
unha avaliación global da materia, que se realizará mediante un exame
(tanto na convocatoria de primeira oportunidade como na da
segunda oportunidade).

Este exame consistirá na realización dunha proba
que constará de dúas partes, unha por cada un das/os docentes
da materia. Cada profesor/-a emitirá unha nota individual sobre 10
puntos, e esta será finalmente ponderarda nun 50%, e sumada á do outro docente para obter a
cualificación final do/a alumno/a.

As datas destes exames serán fixadas pola secretaría do Mestrado.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000