Guia docente 2023_24
Facultad de Biología
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas Estranxeiras
 Materias
  As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional
   Contidos
Tema Subtema
1.- O ensino de linguas no presente modelo educativo, estatal e autonómico. Visión panorámica do ensino de linguas no Estado español e en Galicia desde as perspectivas da educación obrigatoria, post-obrigatoria ou de réxime especial.
2. O Marco común europeo de referencia para as linguas. Obxectivos, métodos e prioridades da política lingüística europea. Estudo e discusión dos documentos fundamentais sobre o ensino de linguas estranxeiras no contexto europeo.
3.- Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias. Descrición e estudo en detalle das competencias específicas, transversais e complementarias a desenvolver nos dististintos niveis de aprendizaxe.
4.- O ensino-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais. Información relevante sobre institucións internacionais dedicadas ao ensino e certificación das linguas estranxeiras membros de ALTE, CERCLES, EALTA, e outras.
5.- O deseño curricular base. O currículo, e os seus elementos, das linguas estranxeiras na ESO, Bacharelato, FP e Escolas Oficiais de Idiomas. Os proxectos lingüísticos de centro (PLC).
6.- As programacións didácticas vixentes.

Panorámica das programacións actuais nos distintos tipos de ensino e a súa discusión desde a perspectiva dos obxectivos fixados nos contextos nacional e internacional. A organización dos departamentos de linguas estranxeiras. Acceso á función pública docente para profesorado de linguas estranxeiras.
7.- As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas internacionais Visión panorámica dos sistemas educativos internacionais máis relevantes. Metodoloxía CLIL/AICLE.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000