Guia docente 2023_24
Facultad de Biología
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Experimentais. Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química
 Materias
  Didáctica das Ciencias Experimentais na Educación Secundaria
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso de que non se poda levar a cabo a modalidade de ensinanza presencial, haberá unha adaptación das metodoloxías docentes aos medios telemáticos.

En relación coas prácticas de laboratorio, estas acondicionásense ao contexto, primándose aquelas que se poidan realizar en contornas virtuais e aquelas que o alumnado poida realizar de forma autónoma. Ademais, a través de Moovi facilitaráselle ao alumnado toda a documentación adicional necesaria. A atención personalizada realizarase, neste caso, de forma telématica (correo electrónico, videoconferencia, foros de Moovi...) baixo a modalidade de concertación previa.

A avaliación manterase segundo o disposto nesta guía docente.

No caso de impartición da docencia en modalidade non presencial, a actividade docente impartirase mediante Campus Remoto e empregarase asemade a plataforma de teledocencia Moovi como reforzo, sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000