Guia docente 2023_24
Facultad de Biología
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Experimentais. Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química
 Materias
  Deseño Curricular e Organización de Centros Educativos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Calificaranse as actividades realizadas na aula para realizar unha retroalimentación positiva e mediante un exame de tipo test comprobarase a consolidación das aprendizaxes. 30 B2
B7
B17
C13
C24
C27
C31
Aprendizaxe baseado en proxectos Cada alumno presentará a programación dunha unidade didáctica. Poderá elexir a temática e o curso de implementación. 70 B3
B4
B5
B6
B7
B10
B18
C4
C9
C24
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación desta materia desenvólvese en varios niveis e dimensións. Partindo do marco xeral das competencias, é dicir, das capacidades, a avaliación tentará recoller e valorar aqueles aspectos relacionados co alumnado respecto de: o campo dos coñecementos, o campo dos procedementos, o campo actitudinal e campo relacional.
Entendemos que o equilibrio estará en que o alumnado sexa capaz de dominar estas catro grandes dimensións que dalgunha forma contribuirá a que se me for de maneira integral.
A avaliación está deseñada en función das seguintes características: formativa, continua, integral e final. Por tanto, afecta a todo o proceso de ensino-aprendizaxe.
A avaliación do proxecto terá dous aspectos: por unha banda a xustificación teórica dos distintos elementos curriculares traballados e por outro o seu deseño. Para avaliar o proxecto seguiranse as seguintes normas:

1.- Utilización dos coñecementos dispoñibles nos documentos traballados na aula para contrastar as propias ideas, apoialas e fundamentalas.Comprensión das ideas básicas contidas nos materiais utilizados e analizados.

2.- Expresar correctamente as ideas propias, argumentadas e demostrar capacidade de escoita e receptividade.


3.- Crítica razoada de posicións e feitos fundamentados con argumentos utilizando un vocabulario técnico propio da materia.

4.- Claridade expositiva, habilidades de comunicación, estrutura da presentación traballada na aula.

5.- Estrutura lóxica das ideas.
6.- Utilización e manexo das TIC.

7.- Adecuación e coherencia entre as actividades prácticas e os contidos teóricos.

8.- Calidade das achegas e expresións de ideas innovadoras, contribucións no traballo en grupo, compromiso nas diferentes tarefas.


9.- Formulación dos obxectivos didácticos, adecuación a idade, o tempo, etc.

10.- Selección do tema, secuenciación dos contidos o longo da unidade didáctica, adecuación a idade, o tempo, etc.


11.- Selección das actividades, creatividade na súa elaboración, adecuación a idade e a temporalización..


12.- Deseño innovador de recursos.

13.- Selección das estratexias de avaliación: actividades de avaliación, tipos e técnicas de avaliación, deseño de instrumentos, etc.

O seguimento dos grupos de traballo convértese nunha ocasión privilexiada para introducir, por parte da profesora, aspectos actitudinais (cooperación, responsabilidade profesional, motivación polo traballo de mestre, etc.). Do mesmo xeito, nalgunhas fases do proxecto pídeselle ao alumnado que valoren o seu propio traballo ( autoevaluación) ou o traballo dos demais compañeiros ( coevaluación) para facer unha retroalimentación do proceso que permita resolver os erros na aprendizaxe o antes posible.

-
Este mestrado ten a modalidade de ensino presencial, polo tanto
aasistencia a clase e a realización do traballo para a avaliación
continua é obrigatoria. Esta asistencia debe ser, alomenos, do 80 %
estando admitido faltar ao 20 % da presencialidade. Para a avaliación continua haberá tres probas compostas por dous traballos (35%+35%) e un examen (30%), tendo que obter alomenos o 50% da puntuación en cada unha para realizar o cómputo total.

-
Os prazos das entregas das actividades, traballos, etc. serán
comunicados polo profesorado na clase e/ou na plataforma de teledocencia e tamén é necesario
cumprilos para ser cualificados na avaliación continua ou final.

-
O alumnado que non supere a materia por avaliación continua terá unha
proba de avaliación final, ao redor dos contidos nucleares da materia, na data
marcada no calendario do máster para os exámenes oficiais. Cabe
resaltar que está proba estará composta polos mesmos traballos realizados durante o curso; é dicir dous traballos (35%+35%) e un examen
(30%). En caso de superar unha das probas da materia
(traballos ou exame) conservarase a súa calificación dentro do mesmo
curso académico, pero na Acta académica figurará como non superada e
colocarase a media resultante da puntuación global obtida (atendendo
previamente a súa espectiva ponderación).

Máis
información sobre o proceso de avaliación así como sobre o tipo de
exame, as orientacións para a realización do traballo, data de entrega,
etc. será facilitada baixo demanda do alumnado que precise, ao non poder
superar a materia por avaliación contiua.

Para a AVALIACIÓN FINAL (GLOBAL), por tanto,  o estudante presentará as mesmas actividades que durante a avaliación continua.

Na web do mestrado poden consultarse as datas do exame oficial: http://mpe.uvigo.es/index.php?lang=es

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000