Guia docente 2023_24
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado A persoa titora emitirá un informe de evaluación que incluirá diferentes ítems dirigidos á adquisición de competencias por parte do alumno, e será aprobado pola comisión de traballo fin de grao.

Na seguinte ligazón pódese consultar o modelo de informe titorial usado no curso 2022-23, o cal pode ser tomado como referencia para o curso 2023-24.
http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/grado/tfg/TFG_informe_tutor.pdf

30 A2
A3
B1
B2
B3
B4
B6
B7
C1
C10
C12
C14
D1
D3
D5
Proxecto O estudante deberá entregar unha memoria do proxecto na que se incluirán os detalles principais do traballo realizado.

Na seguinte ligazón podense consultar as normas de elaboración da memoria que rexiron o proceso no curso 2022-23, o que pode servir de referencia para o curso 2023-24.
https://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/traballo-fin-de-grao/
40 A2
A3
B1
B2
B3
B4
B6
B7
C1
C10
C12
C14
D1
Presentación O estudante deberá facer unha presentación do proxecto diante do tribunal e debatir cos seus membros acerca dos diferentes aspectos do traballo realizado. 30 A4
B1
B4
B7
C1
C13
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tribunal
da avaliación do Traballo Fin de Grao

Estará constituído por tres profesores da
titulación e será nomeado a proposta da Comisión de Traballo Fin de Grao.
Constituiranse tantos tribunais como fose necesario, cos correspondentes
membros suplentes, para garantir o bo discorrer do proceso avaliador.

Memoria de Traballo Fin de Grao

Coa antelación suficiente, a Comisión de
TFG establecerá os prazos de entrega da solicitude de defensa e da memoria. A non
entrega da mesma nos prazos establecidos levará a non presentación a avaliación
da materia. Seguiranse as directrices establecidas na normativa para a elaboración da memoria de TFG, que estará pública na páxina web da facultade e na plataforma docente.

Presentación
e defensa do Traballo Fin de Grao

O tribunal avaliador da proba publicará coa
suficiente antelación a orden de exposición, lugar e
hora de celebración das probas, quedando a disposición de todos os interesados. Os criterios de avaliación recolleranse nunha rúbrica que será aprobada por la Comisión de TFG e posta a disposición de todo o estudantado do curso.

Cualificacións

Ao finalizar o proceso avaliador, o tribunal
publicará de forma conxunta as cualificacións que recibiron os alumnos
matriculados na materia. 

Si un alumno/a superase a avaliación do titor, pero obtuvese unha calificación de suspenso nalgunha das outras partes do TFG, o tribunal entregaralle a él e ao seu titor un informe recollendo as recomendacións para mellorar o traballo na seguinte oportunidade. Asimismo, indicarase si as partes non superadas poden ser recuperadas nunha segunda oportunidade do mesmo curso o si, polo contrario, o alumno/a debe realizar a totalidade do traballo noutro curso académico. 

Segunda oportunidade do curso

O/a alumno/a poderá recuperar nunha segunda
oportunidade no mesmo curso aquelas partes que non superou na primeira,
sempre e cando así o recolla o informe que obtivo do tribunal avaliador.

A Comisión de Traballo Fin de Grado
establecerá e fará públicos coa antelación suficiente os prazos que rexerán o
proceso de avaliación na segunda oportunidade do curso, incluindo os prazos de
entrega da solicitude de defensa, memoria e informe do titor, así coma a
data, lugar e hora de celebración do acto de presentación e defensa do traballo
diante do tribunal.

Horario da materia

Debido as súas características, o traballo
fin de grao non ten un horario establecido; cada alumno establecerá o seu
horario de acordo co titor, normalmente ao longo do segundo cuadrimestre.

Datas previstas para as probas de avaliación
dos TFGs para o curso 2023-24:

As datas foron aprobadas en Xunta de
Facultade. Ver ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes

Normativas aplicables:

O Regulamento do Traballo Fin de Grao da Universidade
de Vigo, aprobado no Consello de Goberno está dispoñible en: http://www.uvigo.gal/opencms/export/sites/uvigo/uvigo_gl/DOCUMENTOS/alumnado/TFGNovo_Def_Uvigo.pdf

A Normativa da Facultade de Bioloxía para
a realización do Traballo Fin de Grao, aprobada en Xunta de Facultade está dispoñible
en:

 http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/grado/tfg/normativa_TFG_facultad_biologia.pdf

Aspectos éticos

O plaxio está especialmente perseguido nos traballos de fin de grao, en particular na elaboración da memoria, sendo motivo de suspenso na materia. Tampouco está permitido o uso inxustificado de programas de intelixencia artificial.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000