Guia docente 2023_24
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Biotecnoloxía aplicada á produción animal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame de preguntas obxectivas e peguntas de desenvolvemento sobre os contidos do bloque de Fisioloxía
Para superar a materia esíxese un mínimo de 3 puntos (sobre 10) no exame
30 A3
B3
C9
C10
C12
C19
C20
D2
D3
Seminario Valorarase:
-Calidade da memoria escrita presentada (organización, redacción, adecuación da bibliografía, enfoque e profundidade axietados ó tema)
-Calidade da presentación oral (adecuación ó tempo, calidade da información presentada nas figuras, expresión oral, capacidade de transmisión de información, dominino da linguaxe técnica)
-Respostas ás preguntas expostas.
30 A2
A3
B2
B7
C9
C10
C12
C19
C20
D2
D3
D4
Prácticas de laboratorio A asistencia a prácticas é obrigatoria.
Cada un do tres módulos de prácticas (fisioloxía, sanidade e mellora) avaliaranse por separado por asistencia, informe de prácticas (fisioloxía) ou preguntas (mellora e sanidade). O 50% da nota corresponde ao módulo de Fisioloxía animal. Os módulos de mellora e sanidade representan o 25% cada un.
10 A2
A3
B4
C9
C10
C12
D2
D3
Lección maxistral Exame de preguntas obxectivas e peguntas de desenvolvemento sobre os contidos do bloque de Sanidade e reolución de problema no bloque de mellora
Para superar a materia esíxese un mínimo de 3 puntos (sobre 10) no exame
30 A3
B3
C9
C10
C12
C19
C20
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) Avaliación contínua

É obrigatorio realizar as prácticas da materia. A non realización das mesmas suporá un suspenso na calificación global ainda que se superen o resto de actividades previstas.

Para superar a materia deberá realizar obrigatoriamente todas as actividades
propostas.

Para poder superar a materia esíxese unha cualificación mínima en cada un dos exames
de 3.

As actividades superadas na primeira oportunidade dun curso se conservan
para a segunda oportunidade. Na segunda oportunidade dun curso non se poden
recuperar prácticas

Aos alumnos repetidores conservaraselles dun curso para o seguinte as
calificacións das actividades (prácticas e seminario) superadas no(s) curso(s)
anterior(es). Se repetirán só as actividades suspensas. Non se pode repetir as
actividades xa superadas

2) Avaliación global

No prazo establecido polo decanato de Bioloxía os alumnos interesados o solicitarán. Non se aceptarán solicitudes fora de prazo

É obrigatorio realizar as prácticas da materia. A non realización das
mesmas suporá un suspenso na calificación global ainda que se superen o
resto de actividades previstas.

Para superar a materia deberá realizar obrigatoriamente o seminario

Na data de avaliación da primera ou segunda oportunidade fará un exame cun valor do 60% que incluirá todos os bloques da materia.

O calendario académico pódese consultar no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios

O calendario de exames pódese consultar no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000