Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Xenética II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral - Dous tests durante o curso
- Exame final
- Asistencia as actividades presenciais
40 A1
A2
A3
B1
C2
C5
C7
D5
Resolución de problemas - Dous tests durante o curso
- Exame final
- Asistencia as actividades presenciais
- Resolución de problemas
35 A1
A2
A3
B3
C1
D5
Prácticas con apoio das TIC - Asistencia e aproveitamento
- Exame escrito
15 A1
A2
A3
B3
C1
C2
C5
C7
D5
Resolución de problemas de forma autónoma - Auto-avaliacións online e outros exercicios
- Presentación de exercicios en TEMA no prazo establecido
10 A1
A2
A3
B1
B3
C1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os coñecementos da materia se evaluarán do seguinte xeito:

AVALIACIÓN GLOBAL

A solicitude desta
opción de avaliación deberá presentarse no momento e na forma que determine o
Centro, que se publicará con anterioridade ao inicio académico.

Para este tipo de avaliación, haberá un exame final que abarcará toda a materia, con preguntas teóricas e problemas. Ademais, para optar a esta opción de avaliación será obrigatoria a asistencia ás prácticas e a superación do exame ao final de cada unha delas.

AVALIACIÓN CONTINUA

control-1: 17,5%

control-2: 17,5%

prácticas: 15%

actividades: 10%

examen final: 40%

- Exame final, que supoñerá o 40% da cualificación final. Para superar a asignatura será necesario obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) en o devandito exame final. Se non se obtén esta nota mínima, a nota final da materia será a obtida coa cualificación global, se é inferior a 5, ou 4,5 se é superior a 5. O exame constará de preguntas de teoría e problemas. As datas dos exames finais están dispoñibles no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames.

- Dous tests realizados durante o curso, que supoñerán cada uno o 17,5% da cualificación final e constarán de preguntas de teoría e problemas.

- Asistencia e aprovechamiento durante as prácticas no aula de ordenadores. Exame escrito sobre as prácticas que se levará a cabo ao final de cada unha delas. Esta actividade completa supoñerá o 15% da cualificación final.

- Actividades online e outras actividades, que supoñerán o 10% da cualificación final. Ao final de cada tema darase un prazo para realizar exercicios vía plataforma MooVi.

Para superar a materia será necesario obter 5 puntos de 10 no global ponderado das avaliacións.

Todas as cualificacións, excepto a do exame final, gardaranse para a segunda oportunidade en xullo, e indefinidamente para cursos posteriores.

Os alumnos que non se presentan ao exame final constarán como Non Presentados.

Calquera intento de levar a cabo actividades ilegais nos exames (copia, etc.), así como o plaxio nas actividades que se realicen supoñerá un suspenso na materia.

HORARIOS DOCENTES: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios

HORARIOS EXAMES: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000