Guia docente 2023_24
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Botánica I: Algas e fungos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliarase a contribución individual de cada alumno ao conxunto do traballo. Terase en conta a estrutura, orixinalidade, uso do idioma en xeral e da terminoloxía científica. Tamén se terá en conta a adecuación ao formato previamente esixido. Os traballos poderán presentarse en galego ou castelán. 15 A1
A5
B1
B4
C9
D1
D5
Presentación Ao final do cuadrimestre farase a exposición pública dos traballos realizados ao longo do período lectivo. Valorarase a claridade na exposición dos conceptos, o uso dos recursos informáticos e a capacidade de expresión oral do alumno e, en xeral, a súa capacidade para captar a atención do auditorio. 5 B4
C9
D1
D5
Autoavaliación Na páxina da materia da plataforma MOOVI, o alumno disporá de cuestionarios de autoavaliación para axudarlle no estudo da materia. O período de realización de cada grupo de cuestionarios estará fixado pola profesora a fin de programar o estudo de xeito secuencial.
A resolución dos mencionados cuestionarios de autoavaliación, xunto coa asistencia e os resultados obtidos nas probas que se desenvolverán nas titorías grupais, suporán un 10% da cualificación final.
10 A1
A5
B1
C1
C2
C9
D1
D5
Práctica de laboratorio Á finalización das prácticas de laboratorio deberase superar un exame práctico (nota mínima 5 puntos sobre 10) no que o alumno deberá demostrar a destreza no manexo das técnicas, a interpretación das súas observacións e o uso das claves de identificación. O resultado obtido suporá o 15% da cualificación final. A superación deste exame é preceptivo para sumar os outros compoñentes da cualificación global da materia.
15 A1
A5
B1
C1
C2
C7
D1
Exame de preguntas obxectivas O primeiro exame parcial versará sobre as oito primeiras leccións do programa teórico. A proba consistirá nun combinado de preguntas de resposta curta e preguntas tipo test. A cualificación mínima deberá ser igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10. 20 A1
A5
B1
C1
C2
C9
D1
D5
Exame de preguntas obxectivas O segundo exame parcial versará sobre os contidos das leccións 9 a 15, ambaladúas incluidas. A proba será semellante á do primeiro exame parcial e a nota mínima para superala deberá ser igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10. 20
Exame de preguntas obxectivas O terceiro exame parcial versará sobre as cinco últimas leccións. A proba terá un formato semellante ás dúas anteriores e a nota mínima para superala deberá ser igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10. 15 A1
A5
B1
C1
C2
C9
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os horarios da materia figuran na páxina web da facultade:

§  GL: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios

§  ES: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/horarios

 As datas de exame establecidas no calendario oficial pódense consultar nas seguintes ligazóns:

§  GL: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

§  ES: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes

O método de avaliación establecido por defecto é a modalidade de avaliación continua; se algún alumno desexa acollerse á modalidade de avaliación global deberá indicalo mediante un documento asinado antes de que finalice o prazo sinalado polo decanato da facultade.

A asistencia ás clases prácticas de laboratorio é obrigatoria (salvo falta debidamente xustificada) nas dúas modalidades de avaliación; os alumnos que non cumpran este requisito figurarán nas actas como "non presentado". Á finalización das prácticas o alumno deberá superar un exame práctico, cunha cualificación igual o superior a 5 puntos sobre 10. No caso de non superalo, figurará nas actas como "suspenso", coa cualificación obtida no exame práctico. 

No caso de que o alumno se acolla á modalidade de avaliación continua deberá ter en conta o seguinte:

- Para superar a parte teórica da materia, a nota mínima obtida nos exames parciais deberá ser igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10 e a nota media ponderada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. A parte teórica na modalidade de avaliación continua supón o 55 % da cualificación final da materia. Cando a cualificación media das probas teóricas sexa inferior a 5 puntos sobre 10, o alumno figurará nas actas como "suspenso", coa puntuación obtida na proba teórica, aínda que superara o exame práctico. 

- A cualificación final é o resultado da suma das porcentaxes asignadas aos distintos apartados avaliados. Para poder superar a materia na primeira convocatoria é necesario obter nas probas teóricas unha nota media igual ou superior a 5 puntos sobre 10, e no exame práctico unha cualificación mínima de 5 sobre 10 puntos. De non conseguir a puntuación mínima non se lle sumarán os outros apartados e a nota final que figurará nas actas será a cualificación máis baixa das obtidas nos apartados suspensos (exame teórico ou exame práctico). 

- Na segunda convocatoria manteranse as notas anteriores e será posible recuperar o exame práctico (15 % da cualificación final); tamén se poderá facer un exame final sobre todos os contidos teóricos da materia, que supoñerá o 55 % da cualificación final.

Na modalidade de avaliación global será requisito indispensable obter unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 no exame teórico e no exame práctico da materia, que supoñerán o 80 % e o 20 % da cualificación final, respectivamente. Seguirase o mesmo criterio na segunda convocatoria.

A cualificación do exame práctico e do traballo tutelado contemplaranse durante tres cursos académicos consecutivos. 

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia e/ou plaxio) encaminado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/unhaa alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e o rigor que establece a normativa vixente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000