Guia docente 2023_24
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioloxía: Evolución
   Contidos
Tema Subtema
Introdución (3 horas) 1. Evidencias sobre a evolución. Concepto de Evolución. Evidencias do feito da evolución.

2. Historia das ideas evolutivas. Dende a antigüedade até a modernidade. Charles Darwin e a eclipse do Darwinismo. A síntese evolutiva moderna. A evolución no século 20. A actualidade.

3. Evolución e sociedade. Aplicacións actuais da teoría evolutiva. A evolución e a relixión.
Os mecanismos evolutivos (10 horas) 4. Introdución á teoría evolutiva. Estrutura da teoría. Mutacións. Deriva xenética. Migración. Selección natural.

5. Selección natural e adaptación. Os caracteres obxecto da selección. Algúns conceptos básicos: selección natural, eficacia biolóxica e adaptación. Plasticidad fenotípica e adaptación. Tipos de selección natural.

6. Medida da selección natural. A selección natural e a súa descomposición práctica en compoñentes. A medida da selección en caracteres cualitativos. A medida da selección en caracteres cuantitativos. A selección sexual e a súa medida. Potencialidade e límte da selección natural.

7. Cooperación e conflito. A cooperación e o altruísmo. O estudo do conflito evolutivo.
As especies e as súas interaccións evolutivas (3 horas) 8. Especies e especiación. Concepto de especie e de illamento reprodutivo. A medida do illamento reprodutivo. A formación das especies.

9. Coevolución. Interaccións entre especies e selección natural. Coevolución negativa: depredación, parasitismo e competencia. Coevolución positiva: mutualismo e simbiose.

10.Evolución e Desenvolvemento. Desenvolvemento en organismos modelo. Ferramentas Evo-Devo. Exemplos de Evo-Devo. Canalización e converxencia.
Rexistro fósil (4 horas) 11. Natureza e significado do rexistro fósil. Importancia e representatividade do rexistro fósil.

12. Relación entre a historia da vida e a terra. Os principais eventos biolóxicos ao longo da historia xeolóxica.
Orixe e diversificación da vida (9 horas) 13. A orixe da vida. Datos teorías e problemas.

14. A árbore da vida. Ferramentas e métodos de inferencia.

15. Bacterias, arqueas e eucariotas. Relacións evolutivas.

16. Orixe e diversificación de organismos multicelulares. Orixe e consecuencias da multicelularidad.

17. Macroevolución. Patróns e explicación da macroevolución.
Evolución humana (6 horas) 18. A liñaxe humana: historia evolutiva de primates e homínidos. Rexistro fósil e estudos de material xenético antigo.

19. Evolución e diversidade de caracteres humanos. Cerebro e linguaxe, Teoría da mente. Estratexias vitais: compromisos evolutivos, senescencia.

20. Evolución social en homínidos. Sistemas de apareamiento e selección sexual. Selección familiar. Cooperación e altruísmo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000