Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado.
  A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Capacidade de organización e planificación no ámbito laboral e de traballo, nun ámbito multidisciplinar relacionado coa bioloxía e outros campos afíns.
  B2 Capacidade de lectura e análise de documentos científicos e de interpretar datos e informacións, extraendo o esencial do accesorio ou secundario, e de fundamentar debidamente as pertinentes conclusións.
  B3 Adquirir coñecementos xerais das materias básicas da bioloxía, tanto a nivel teórico como experimental, sen descartar unha maior especialización en materias que se orientan a un ámbito profesional concreto.
  B4 Capacidade para manexar ferramentas experimentais, incluíndo a instrumentación científica e informática, que apoien a busca de solucións a problemas relacionados co coñecemento básico da bioloxía e con aqueles propios dun contexto laboral.
  B5 Coñecer os niveis de organización dos seres vivos tanto dende un punto de vista estrutural (molecular, celular, orgánico) como funcional, observando as súas relacións co medio e con outros organismos, así como as súas manifestacións ante situacións de alteración ambiental.
  B6 Capacidade de aplicar os coñecementos de tipo biolóxico adquiridos na titulación nun ámbito profesional, expoñendo e argumentando as ideas de xeito claro, fundamentándoas na formación básica e especializada adquirida.
  B7 Saber recompilar información sobre temas de interese de ámbito biolóxico, analizala e emitir xuízos críticos e razoados sobre estes, incluíndo cando sexa precisa a reflexión sobre aspectos sociais e/ou éticos relacionados coa temática.
  B8 Capacidade para elaborar de forma autónoma un informe ou proxecto relacionado co ámbito biolóxico, proceder á súa presentación e saber defendelo nun contexto profesional no que se poñan de manifesto as competencias adquiridas na titulación.
  B9 Motivación para levar a cabo accións emprendedoras e innovadoras fundamentadas na formación adquirida nas materias do título, na aprendizaxe de temas actuais (investigación e desenvolvemento, medio, biomedicina, bioprodución, etc.) e no contacto co tecido empresarial a través das prácticas externas.
  B10 Desenvolver as capacidades analíticas e de abstracción, a intuición e o pensamento lóxico e rigoroso a través do estudo da bioloxía e as súas aplicacións.
  B11 Saber comunicar a todo tipo de audiencias (especializadas ou non) de xeito claro e preciso coñecementos, metodoloxías, ideas, problemas e solucións relacionadas con distintos ámbitos da bioloxía.
  B12 Capacidade para identificar as súas propias necesidades formativas no campo da bioloxía e en ámbitos laborais concretos, e de organizar a súa aprendizaxe cun alto grao de autonomía en calquera contexto.
Sinale C Código Habilidades
  C1 Obter, manexar, conservar, describir e identificar espécimes biolóxicos actuais e fósiles
  C2 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. Realizar análises filoxenéticas e identificar as probas da evolución
  C3 Identificar, analizar e caracterizar mostras de orixe biolóxica, incluídas as de orixe humana, e as súas posibles anomalías
  C4 Isolar, analizar e identificar biomoléculas, virus, células, tecidos e órganos
  C5 Cultivar microorganismos, células, tecidos e órganos
  C6 Avaliar e interpretar actividades metabólicas
  C7 Manipular e analizar o material xenético e levar a cabo asesoramento xenético
  C8 Avaliar o funcionamento de sistemas fisiolóxicos interpretando parámetros vitais
  C9 Analizar e interpretar o comportamento dos seres vivos
  C10 Analizar e interpretar as adaptacións dos seres vivos ao medio
  C11 Tomar mostras, caracterizar, xerir, conservar e restaurar poboacións, comunidades e ecosistemas
  C12 Catalogar, cartografar, avaliar, conservar, restaurar e xerir recursos naturais e biolóxicos
  C13 Avaliar os impactos ambientais. Diagnosticar e solucionar problemas medioambientais
  C14 Realizar análises, control e depuración das augas
  C15 Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico. Interpretar a paisaxe
  C16 Cultivar, producir, transformar, mellorar e explotar recursos biolóxicos
  C17 Identificar e obter produtos naturais de orixe biolóxica
  C18 Producir, transformar, controlar e conservar produtos agroalimentarios
  C19 Identificar, xerir e comunicar riscos agroalimentarios e ambientais
  C20 Deseñar, aplicar e supervisar procesos biotecnolóxicos
  C21 Realizar e interpretar bioensaios e diagnósticos biolóxicos
  C22 Identificar, caracterizar e utilizar bioindicadores
  C23 Desenvolver, xerir e aplicar técnicas de control biolóxico
  C24 Deseñar modelos de procesos biolóxicos
  C25 Obter información, desenvolver experimentos e interpretar os resultados
  C26 Participar na dirección, redacción e execución de proxectos en bioloxía
  C27 Desenvolver e implantar sistemas de xestión e de control de calidade de procesos relacionados coa bioloxía
  C28 Impartir docencia e divulgar coñecementos relacionados coa bioloxía
  C29 Asesorar e peritar sobre aspectos científico-técnicos, éticos, legais e socio-económicos relacionados coa bioloxía
  C30 Supervisar e asesorar sobre todos os aspectos relacionados co benestar dos seres vivos
  C31 Coñecer e manexar instrumentación científico-técnica
  C32 Capacidade para coñecer e manexar os conceptos e a terminoloxía propios ou específicos
  C33 Capacidade para comprender a proxección social da bioloxía
Sinale D Código Competencias
  D1 Desenvolver a capacidade de análise e síntese
  D2 Adquirir a capacidade de organizar e planificar as tarefas e o tempo
  D3 Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita
  D4 Adquirir coñecementos de lingua extranxeira relativos ao ámbito de estudo
  D5 Empregar recursos informáticos relativos ao ámbito de estudo
  D6 Saber buscar e interpretar información procedente de fontes diversas
  D7 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva
  D8 Desenvolver a capacidade de aprendizaxe autónoma
  D9 Traballar en colaboración ou formando equipos de carácter interdisciplinar
  D10 Desenvolver o razoamento crítico
  D11 Adquirir un compromiso ético coa sociedade e a profesión
  D12 Comportarse con respecto á diversidade e a multiculturalidade
  D13 Sensibilización polos temas medioambientais
  D14 Adquirir habilidades nas relacións interpersoais
  D15 Desarrollar a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor
  D16 Asumir un compromiso coa calidade
  D17 Desenvolver a capacidade de autocrítica
  D18 Desenvolver a capacidade de negociación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000