Guia docente 2020_21
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Competencias


Carácter CB Código Competencias Básicas
  CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado.
  CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Carácter CG Código Competencias Xerais
  CG1 Capacidade de organización e planificación no ámbito laboral e de traballo, nun ámbito multidisciplinar relacionado coa bioloxía e outros campos afíns.
  CG2 Capacidade de lectura e análise de documentos científicos e de interpretar datos e informacións, extraendo o esencial do accesorio ou secundario, e de fundamentar debidamente as pertinentes conclusións.
  CG3 Adquirir coñecementos xerais das materias básicas da bioloxía, tanto a nivel teórico como experimental, sen descartar unha maior especialización en materias que se orientan a un ámbito profesional concreto.
  CG4 Capacidade para manexar ferramentas experimentais, incluíndo a instrumentación científica e informática, que apoien a busca de solucións a problemas relacionados co coñecemento básico da bioloxía e con aqueles propios dun contexto laboral.
  CG5 Coñecer os niveis de organización dos seres vivos tanto dende un punto de vista estrutural (molecular, celular, orgánico) como funcional, observando as súas relacións co medio e con outros organismos, así como as súas manifestacións ante situacións de alteración ambiental.
  CG6 Capacidade de aplicar os coñecementos de tipo biolóxico adquiridos na titulación nun ámbito profesional, expoñendo e argumentando as ideas de xeito claro, fundamentándoas na formación básica e especializada adquirida.
  CG7 Saber recompilar información sobre temas de interese de ámbito biolóxico, analizala e emitir xuízos críticos e razoados sobre estes, incluíndo cando sexa precisa a reflexión sobre aspectos sociais e/ou éticos relacionados coa temática.
  CG8 Capacidade para elaborar de forma autónoma un informe ou proxecto relacionado co ámbito biolóxico, proceder á súa presentación e saber defendelo nun contexto profesional no que se poñan de manifesto as competencias adquiridas na titulación.
  CG9 Motivación para levar a cabo accións emprendedoras e innovadoras fundamentadas na formación adquirida nas materias do título, na aprendizaxe de temas actuais (investigación e desenvolvemento, medio, biomedicina, bioprodución, etc.) e no contacto co tecido empresarial a través das prácticas externas.
  CG10 Desenvolver as capacidades analíticas e de abstracción, a intuición e o pensamento lóxico e rigoroso a través do estudo da bioloxía e as súas aplicacións.
  CG11 Saber comunicar a todo tipo de audiencias (especializadas ou non) de xeito claro e preciso coñecementos, metodoloxías, ideas, problemas e solucións relacionadas con distintos ámbitos da bioloxía.
  CG12 Capacidade para identificar as súas propias necesidades formativas no campo da bioloxía e en ámbitos laborais concretos, e de organizar a súa aprendizaxe cun alto grao de autonomía en calquera contexto.
Carácter CE Código Competencias Específicas
  CE1 Obter, manexar, conservar, describir e identificar espécimes biolóxicos actuais e fósiles
  CE2 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. Realizar análises filoxenéticas e identificar as probas da evolución
  CE3 Identificar, analizar e caracterizar mostras de orixe biolóxica, incluídas as de orixe humana, e as súas posibles anomalías
  CE4 Isolar, analizar e identificar biomoléculas, virus, células, tecidos e órganos
  CE5 Cultivar microorganismos, células, tecidos e órganos
  CE6 Avaliar e interpretar actividades metabólicas
  CE7 Manipular e analizar o material xenético e levar a cabo asesoramento xenético
  CE8 Avaliar o funcionamento de sistemas fisiolóxicos interpretando parámetros vitais
  CE9 Analizar e interpretar o comportamento dos seres vivos
  CE10 Analizar e interpretar as adaptacións dos seres vivos ao medio
  CE11 Tomar mostras, caracterizar, xerir, conservar e restaurar poboacións, comunidades e ecosistemas
  CE12 Catalogar, cartografar, avaliar, conservar, restaurar e xerir recursos naturais e biolóxicos
  CE13 Avaliar os impactos ambientais. Diagnosticar e solucionar problemas medioambientais
  CE14 Realizar análises, control e depuración das augas
  CE15 Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico. Interpretar a paisaxe
  CE16 Cultivar, producir, transformar, mellorar e explotar recursos biolóxicos
  CE17 Identificar e obter produtos naturais de orixe biolóxica
  CE18 Producir, transformar, controlar e conservar produtos agroalimentarios
  CE19 Identificar, xerir e comunicar riscos agroalimentarios e ambientais
  CE20 Deseñar, aplicar e supervisar procesos biotecnolóxicos
  CE21 Realizar e interpretar bioensaios e diagnósticos biolóxicos
  CE22 Identificar, caracterizar e utilizar bioindicadores
  CE23 Desenvolver, xerir e aplicar técnicas de control biolóxico
  CE24 Deseñar modelos de procesos biolóxicos
  CE25 Obter información, desenvolver experimentos e interpretar os resultados
  CE26 Participar na dirección, redacción e execución de proxectos en bioloxía
  CE27 Desenvolver e implantar sistemas de xestión e de control de calidade de procesos relacionados coa bioloxía
  CE28 Impartir docencia e divulgar coñecementos relacionados coa bioloxía
  CE29 Asesorar e peritar sobre aspectos científico-técnicos, éticos, legais e socio-económicos relacionados coa bioloxía
  CE30 Supervisar e asesorar sobre todos os aspectos relacionados co benestar dos seres vivos
  CE31 Coñecer e manexar instrumentación científico-técnica
  CE32 Capacidade para coñecer e manexar os conceptos e a terminoloxía propios ou específicos
  CE33 Capacidade para comprender a proxección social da bioloxía
Carácter CT Código Competencias Transversais
  CT1 Desenvolver a capacidade de análise e síntese
  CT2 Adquirir a capacidade de organizar e planificar as tarefas e o tempo
  CT3 Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita
  CT4 Adquirir coñecementos de lingua extranxeira relativos ao ámbito de estudo
  CT5 Empregar recursos informáticos relativos ao ámbito de estudo
  CT6 Saber buscar e interpretar información procedente de fontes diversas
  CT7 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva
  CT8 Desenvolver a capacidade de aprendizaxe autónoma
  CT9 Traballar en colaboración ou formando equipos de carácter interdisciplinar
  CT10 Desenvolver o razoamento crítico
  CT11 Adquirir un compromiso ético coa sociedade e a profesión
  CT12 Comportarse con respecto á diversidade e a multiculturalidade
  CT13 Sensibilización polos temas medioambientais
  CT14 Adquirir habilidades nas relacións interpersoais
  CT15 Desarrollar a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor
  CT16 Asumir un compromiso coa calidade
  CT17 Desenvolver a capacidade de autocrítica
  CT18 Desenvolver a capacidade de negociación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000