=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
* Metodoloxías docentes que se modifican
Sempre e cando non se poidan garantir as condicións de seguridade, de autoprotección e de distanciamento físico e en función da normativa vixente e do estipulado no correspondente Convenio de cooperación educativa, contémplase a posibilidade de realizar as prácticas en remoto (modalidade telemática), sempre que se dean as condicións para acadar as accións formativas establecidas no documento de formalización das prácticas.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías individuais realizaranse, previa cita, no despacho virtual do titor académico no Campus Remoto. Por esta canle responderanse as preguntas do alumnado. Alternativamente, as titorías poderán abordarse a través de correo electrónico.
* Modificacións (se procede) dos contidos a impartir
Non se prevén modificacións nos contidos.
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non procede.
* Outras modificacións
Contémplase a posibilidade de que cada alumno contacte directamente coa empresa do seu interese para tratar de conseguir unha praza para a realización das súas prácticas. O resto dos procedementos non sofre variacións.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Informe Titor na empresa (D5): [Peso anterior 75%] [Peso Proposto 75%]
Informe Titor académico (D7): [Peso anterior 25%] [Peso Proposto 25%]
* Probas pendentes que se manteñen. Non hai cambios.
Informe Titor na empresa (D5): [Peso anterior 75%] [Peso Proposto 75%]
Informe Titor académico (D7): [Peso anterior 25%] [Peso Proposto 25%]
* Probas que se modifican
Non se contemplan modificacións no proceso de avaliación.
* Novas probas
Ningunha
* Información adicional
As normas para elaborar a memoria de prácticas publicaranse na web da facultade e en FAITIC.
O alumno ten que cubrir e entregar un informe sobre a empresa (D6).
Tanto a memoria de prácticas como os informes poderán ser enviados en formato pdf por correo electrónico. |