Guia docente 2021_22
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Xestión e control de calidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os estudantes seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 30 CB1
CB5
CG2
CG3
CG7
CG10
CG12
CE29
CE30
CE31
CE32
CE33
CT1
CT6
CT11
CT13
CT16
Proxecto Os estudantes, en grupo, presentarán de forma escrita e oral o resultado obtido da Aprendizaxe Baseada en Proxectos levado a cabo nas prácticas.
En cada sesión é necesario que cada un dos membros do grupo suba a tarefa á plataforma habilitada en FAITIC de modo individual; esta plataforma permitirá a apertura e peche da mesma para o correcto control da efectividade do traballo desenrolado polo estudantado na práctica. A maiores habilitarase outra xanela de tempo para mellorar a tarefa desenvolvida na aula.
Se levará a cabo en grupos pequenos mediante a presentación oral e escrita do ABP.
70 CB2
CB3
CB4
CB5
CG2
CG4
CG7
CG10
CG11
CG12
CE25
CE27
CE29
CE30
CE31
CE32
CE33
CT1
CT2
CT6
CT11
CT13
CT14
CT16
CT18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia é necesario obter unha nota de 5. Ademais, para superar a materia será fundamental obter, polo menos, un 40% de puntuación en cada unha das probas: específicamente 1,2 puntos (dun máximo de 3) en a proba de preguntas obxectivas e 2,8 (dun máximo de 7) no Proxecto.

En caso de obter unha cualificación menor á indicada, esa parte
quedará suspensa ata a nova convocatoria de xullo. Non se gardará
cualificación algunha para o curso seguinte. En caso de non
superar o Proxecto, deberase corrixir o incorrecto, completar o
incompleto, ... en función dos comentarios da avaliación ou mesmo
repetilo enteiro, no seu caso.

Durante as clases teóricas, realizaranse
catro controis de asistencia aleatoriamente; a asistencia a cada un deles sumará 0.125 puntos á nota
final obtida na materia.

Exame

Para poder realizar o exame teórico é necesario asistir ao 100% das prácticas. Só se pode desculpar a falta de asistencia por razóns
xustificadas debidamente documentadas nas 24 horas posteriores ao final
da práctica.

Proxecto

Do 70% da nota do Proxecto, o 30% corresponde ao factor de traballo do proxecto, que depende da asistencia, o traballo desenvolvido na aula durante a práctica, a participación e interese mostrado na aula polo estudante e o feito de subir á plataforma FAITIC, nos tempos asignados, unha mellora do traballo realizado na práctica.

O 40% restante corresponde á Presentación do proxecto final, onde avalíase a calidade do proxecto presentado, atendendo, tanto na presentación oral como ao propio traballo escrito. Neste caso tamén se terán en conta, entre outros, aspectos tales como:

  • Aparencia formal dos resultados: logotipos, portada, formatos de parágrafo, marxes de páxina, índices, erros ortográficos, malas expresións, etc.
  • Inclusión de aspectos cualitativos do rigor científico, como citas de referencias bibliográficas e uso da terminoloxía científica.
Horario da materia:
As clases levaránse a cabo durante o primeiro semestre en horario de mañá. O horario concreto de cada unha das actividades programadas é o aprobado en Xunta de Facultade e figura na seguinte ligazón:

http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios

Probas de avaliación:

O calendario de exames pódese consultar na seguinte ligazón:

http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000