Proxecto |
Os estudantes, en grupo, presentarán de forma escrita e oral o resultado obtido da Aprendizaxe Baseada en Proxectos levado a cabo nas prácticas.
En cada sesión é necesario que cada un dos membros do grupo suba a tarefa á plataforma habilitada en FAITIC de modo individual; esta plataforma permitirá a apertura e peche da mesma para o correcto control da efectividade do traballo desenrolado polo estudantado na práctica. A maiores habilitarase outra xanela de tempo para mellorar a tarefa desenvolvida na aula.
Se levará a cabo en grupos pequenos mediante a presentación oral e escrita do ABP. |
70 |
CB2 CB3 CB4 CB5
|
CG2 CG4 CG7 CG10 CG11 CG12
|
CE25 CE27 CE29 CE30 CE31 CE32 CE33
|
CT1 CT2 CT6 CT11 CT13 CT14 CT16 CT18
|
Para aprobar a materia é necesario obter unha nota de 5. Ademais, para superar a materia será fundamental obter, polo menos, un 40% de puntuación en cada unha das probas: específicamente 1,2 puntos (dun máximo de 3) en a proba de preguntas obxectivas e 2,8 (dun máximo de 7) no Proxecto. En caso de obter unha cualificación menor á indicada, esa parte
quedará suspensa ata a nova convocatoria de xullo. Non se gardará
cualificación algunha para o curso seguinte. En caso de non
superar o Proxecto, deberase corrixir o incorrecto, completar o
incompleto, ... en función dos comentarios da avaliación ou mesmo
repetilo enteiro, no seu caso. Durante as clases teóricas, realizaranse
catro controis de asistencia aleatoriamente; a asistencia a cada un deles sumará 0.125 puntos á nota
final obtida na materia. Exame Para poder realizar o exame teórico é necesario asistir ao 100% das prácticas. Só se pode desculpar a falta de asistencia por razóns
xustificadas debidamente documentadas nas 24 horas posteriores ao final
da práctica. Proxecto Do 70% da nota do Proxecto, o 30% corresponde ao factor de traballo do proxecto, que depende da asistencia, o traballo desenvolvido na aula durante a práctica, a participación e interese mostrado na aula polo estudante e o feito de subir á plataforma FAITIC, nos tempos asignados, unha mellora do traballo realizado na práctica. O 40% restante corresponde á Presentación do proxecto final, onde avalíase a calidade do proxecto presentado, atendendo, tanto na presentación oral como ao propio traballo escrito. Neste caso tamén se terán en conta, entre outros, aspectos tales como: - Aparencia formal dos resultados: logotipos, portada, formatos de parágrafo, marxes de páxina, índices, erros ortográficos, malas expresións, etc.
- Inclusión de aspectos cualitativos do rigor científico, como citas de referencias bibliográficas e uso da terminoloxía científica.
Horario da materia:
As clases levaránse a cabo durante o primeiro semestre en horario de mañá. O horario concreto de cada unha das actividades programadas é o aprobado en Xunta de Facultade e figura na seguinte ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios Probas de avaliación: O calendario de exames pódese consultar na seguinte ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames
|