Guia docente 2021_22
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Produción vexetal
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

DOCENCIA MIXTA:

* Metodoloxías docentes que se manteñen:

Non hai cambios nas metodoloxías docentes mencionadas na guía.


* Metodoloxías docentes que se modifican:

Aínda que non hai cambios na metodoloxía docente a aplicar axustarase a duración e o contido da práctica para asegurar a limpeza e desinfección de cada posto de traballo e do material utilizado durante a práctica, así como para garantir a adecuada hixiene de mans antes de entrar e saír do laboratorio.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):

As sesións de tutorización desenvolveranse mediante diversos métodos de comunicación cos estudantes baixo a modalidade de concertación de cita previa por:
- Correo electrónico.
- A través do campus remoto.

* Modificacións (se procede) dos contidos para impartir:

Os contidos desenvolveranse de forma íntegra de acordo á planificación docente.

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe:


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas xa realizadas

Exame de preguntas obxectivas. [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]
Informe de prácticas. [Peso anterior 40%] [Peso Proposto 40%]
Estudo de casos. [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]

* Probas pendentes que se manteñen. Non hai cambios.

Exame de preguntas obxectivas. [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]
Informe de prácticas. [Peso anterior 40%] [Peso Proposto 40%]
Estudo de casos. [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]
* Probas que se modifican
Non está prevista a modificación de ningunha proba.

* Novas probas
Ningunha

* Información adicional
As actividades avaliables de prácticas serán entregadas mediante a plataforma de teledocencia habilitada pola UVIGO o através do correo electrónico.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

DOCENCIA NON PRESENCIAL:

* Metodoloxías docentes que se manteñen:

O profesor presentará os fundamentos conceptuais de cada unha das sesións teóricas, así como as directrices dos protocolos para desenvolver nas prácticas baixo a modalidade non presencial e mediante a utilización do Campus remoto.

* Metodoloxías docentes que se modifican:

As sesións de prácticas se levarán a cabo de forma non presencial a través de Campus remoto, ou ben mediante unha simulación das mesmas axudado de vídeos previamente realizados polo profesor con soporte de audio e diferente material fotográfico; ou ben se proporcionará unha presentación en Power Point documentada polo profesor para o adecuado seguimento da práctica. Durante cada sesión facilitaranse datos reais da práctica para que o estudante poida levar a cabo a análise dos mesmos e a interpretación dos resultados necesarios para a elaboración do informe final de prácticas. Facilitaranse con detalle as instrucións para a elaboración deste informe e dispoñerase na plataforma de teledocencia habilitada pola UVIGO toda a documentación necesaria para a súa realización.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):

As sesións de tutorización desenvolveranse mediante diversos métodos de comunicación cos alumnos baixo a modalidade de concertación de cita previa:
- Correo electrónico cos profesores implicados.
- Titoría grupal, por grupos de traballo ou individual, se é o caso, a través do campus remoto.

* Modificacións (se procede) dos contidos para impartir:

Os contidos desenvólvense de forma íntegra de acordo á planificación docente.

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe:


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas xa realizadas.

Exame de preguntas obxectivas. [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]
Informe de prácticas. [Peso anterior 40%] [Peso Proposto 40%]
Estudo de casos. [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]

* Probas pendentes que se manteñen. Sen cambios.

Exame de preguntas obxectivas. [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]
Informe de prácticas. [Peso anterior 40%] [Peso Proposto 40%]
Estudo de casos. [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]

* Probas que se modifican
Non está prevista a modificación de ningunha proba.

* Novas probas
Ningunha

* Información adicional
As actividades avaliables serán entregadas mediante a plataforma de teledocencia habilitada pola UVIGO ou a través de correo electrónico.
Achegarase información con suficiente tempo de antelación sobre a plataforma a utilizar para a realización da proba de preguntas obxectivas ( Faitic, Moodle, campus Remoto, etc.) e sobre as normas ás que se terá que atender para a súa realización.
Convocatoria de xullo: non hai cambios previstos no tipo de avaliación para esta convocatoria. As probas se levarán a cabo de forma non presencial mediante campus remoto, utilizando as ferramentas facilitadas por UVIGO (Faitic, aulas virtuais, etc.).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000