Guia docente 2023_24
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Produción animal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Capítulos I e II (Fisioloxía)
Realizaranse na aula correspondente, co total dos alumnos matriculados presentes. Nelas comentaranse, coa axuda de presentacións en power point, os fundamentos teóricos da materia. Os materiais docentes estarán a disposición dos alumnos na Plataforma de teledocencia
Resolución de problemas Realizaranse na aula correspondente, co total dos alumnos matriculados presentes. Nelas resolveranse problemas e casos prácticos
Seminario Elaboración e exposición por grupos de alumnos de temas integrativos sobre a produción de especies concretas
-Proporanse temas para que os preparen os alumnos organizados en grupos de 2-3 (dependendo do número de alumnos matriculados). Os temas que se propoñan abarcarán o máximo número de grupos de animais posibles incluíndo gandaría, produción de aves, acuicultura e produción doutras especies de interese.
- Na primeira reunión con cada grupo tipo B realizarase a planificación da elaboración dos distintos temas. Na segunda reunión tipo B farase un seguimento da preparación dos temas.
- Antes das datas de exposición cada grupo de alumnos deberá entregar unha memoria escrita do traballo realizado.
- Nas tres últimas sesións de grupo A exporanse os temas por parte dos alumnos para a continuación debater sobre os mesmos.
Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas é obrigatoria para superar a materia.
Os alumnos realizarán 16h de prácticas, das cales:
- 8h corresponden a Fisioloxía (Avaliación de índices de crecemento e parámetros de composición nun modelo de produción a pequena escala)
- 4h corresponden a sanidade e hixiene (diagnóstico)
- 4h corresponden a mellora animal (simulación por computador dun proceso de selección artificial)
Seminario Dedicaranse á planificación e seguimento dos temas elaborados polos distintos grupos de alumnos
Lección maxistral Capitulos III, IV e V (Sanidade e Mellora)
Realizaranse na aula correspondente, co total dos alumnos matriculados presentes. Nelas
comentaranse, coa axuda de presentacións en power point, os fundamentos teóricos da materia.
Os materiais docentes estarán a disposición dos alumnos na Plataforma de teledocencia
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000