Guia docente 2023_24
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Produción animal
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B2 Capacidade de lectura e análise de documentos científicos e de interpretar datos e informacións, extraendo o esencial do accesorio ou secundario, e de fundamentar debidamente as pertinentes conclusións.
B3 Adquirir coñecementos xerais das materias básicas da bioloxía, tanto a nivel teórico como experimental, sen descartar unha maior especialización en materias que se orientan a un ámbito profesional concreto.
B4 Capacidade para manexar ferramentas experimentais, incluíndo a instrumentación científica e informática, que apoien a busca de solucións a problemas relacionados co coñecemento básico da bioloxía e con aqueles propios dun contexto laboral.
B7 Saber recompilar información sobre temas de interese de ámbito biolóxico, analizala e emitir xuízos críticos e razoados sobre estes, incluíndo cando sexa precisa a reflexión sobre aspectos sociais e/ou éticos relacionados coa temática.
B10 Desenvolver as capacidades analíticas e de abstracción, a intuición e o pensamento lóxico e rigoroso a través do estudo da bioloxía e as súas aplicacións.
B11 Saber comunicar a todo tipo de audiencias (especializadas ou non) de xeito claro e preciso coñecementos, metodoloxías, ideas, problemas e solucións relacionadas con distintos ámbitos da bioloxía.
B12 Capacidade para identificar as súas propias necesidades formativas no campo da bioloxía e en ámbitos laborais concretos, e de organizar a súa aprendizaxe cun alto grao de autonomía en calquera contexto.
C3 Identificar, analizar e caracterizar mostras de orixe biolóxica, incluídas as de orixe humana, e as súas posibles anomalías
C4 Isolar, analizar e identificar biomoléculas, virus, células, tecidos e órganos
C5 Cultivar microorganismos, células, tecidos e órganos
C7 Manipular e analizar o material xenético e levar a cabo asesoramento xenético
C10 Analizar e interpretar as adaptacións dos seres vivos ao medio
C16 Cultivar, producir, transformar, mellorar e explotar recursos biolóxicos
C17 Identificar e obter produtos naturais de orixe biolóxica
C18 Producir, transformar, controlar e conservar produtos agroalimentarios
C19 Identificar, xerir e comunicar riscos agroalimentarios e ambientais
C20 Deseñar, aplicar e supervisar procesos biotecnolóxicos
C21 Realizar e interpretar bioensaios e diagnósticos biolóxicos
C23 Desenvolver, xerir e aplicar técnicas de control biolóxico
C24 Deseñar modelos de procesos biolóxicos
C25 Obter información, desenvolver experimentos e interpretar os resultados
C31 Coñecer e manexar instrumentación científico-técnica
C32 Capacidade para coñecer e manexar os conceptos e a terminoloxía propios ou específicos
C33 Capacidade para comprender a proxección social da bioloxía
D1 Desenvolver a capacidade de análise e síntese
D2 Adquirir a capacidade de organizar e planificar as tarefas e o tempo
D3 Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita
D4 Adquirir coñecementos de lingua extranxeira relativos ao ámbito de estudo
D5 Empregar recursos informáticos relativos ao ámbito de estudo
D6 Saber buscar e interpretar información procedente de fontes diversas
D7 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva
D8 Desenvolver a capacidade de aprendizaxe autónoma
D9 Traballar en colaboración ou formando equipos de carácter interdisciplinar
D10 Desenvolver o razoamento crítico
D11 Adquirir un compromiso ético coa sociedade e a profesión
D12 Comportarse con respecto á diversidade e a multiculturalidade
D13 Sensibilización polos temas medioambientais
D14 Adquirir habilidades nas relacións interpersoais
D15 Desarrollar a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor
D16 Asumir un compromiso coa calidade
D17 Desenvolver a capacidade de autocrítica
D18 Desenvolver a capacidade de negociación
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000