Guia docente 2019_20
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Contaminación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Efecto dun contaminante no solo: estudarase o contido total e a dispoñibilidade. Efectos
sobre xerminación, crecemento e outros parámetros fisiolóxicos de plantas. Efecto na reprodución de oligoquetos e integridade da membrana lisosomal e análise microbiolóxica do solo.
A asistencia a todas as prácticas será obrigatoria para poder superar a materia.
Seminario Complementarase a parte teórica abordando aspectos que no quedasen claros o que sexa necesario complementar. Resolución de dúbidas, etc.
Ao final da explicación de cada tema (temas 1,2,3, parte del 6 y 7) , entregarase aos alumnos un cuestionario de preguntas referidas ao mesmo e que deberán entregar no prazo que sexa fixado oportunamente. Na parte de Microbioloxía,os alumnos cubrirán un test na aula ao terminar a explicación de cada un dos dous temas.
Traballo tutelado Os alumnos contarán coa axuda dos profesores da materia para a elaboración do traballo de prácticas
Lección maxistral Desenvolvemento teórico-práctico, presentación de obxectivos e marco conceptual de cada tema, presentando bibliografía específica e exemplos relacionados
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000