Código |
Descrición |
CB1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
CB2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
CB3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
CB4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado. |
CB5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
CG2 |
Capacidade de lectura e análise de documentos científicos e de interpretar datos e informacións, extraendo o esencial do accesorio ou secundario, e de fundamentar debidamente as pertinentes conclusións. |
CG3 |
Adquirir coñecementos xerais das materias básicas da bioloxía, tanto a nivel teórico como experimental, sen descartar unha maior especialización en materias que se orientan a un ámbito profesional concreto. |
CG4 |
Capacidade para manexar ferramentas experimentais, incluíndo a instrumentación científica e informática, que apoien a busca de solucións a problemas relacionados co coñecemento básico da bioloxía e con aqueles propios dun contexto laboral. |
CG5 |
Coñecer os niveis de organización dos seres vivos tanto dende un punto de vista estrutural (molecular, celular, orgánico) como funcional, observando as súas relacións co medio e con outros organismos, así como as súas manifestacións ante situacións de alteración ambiental. |
CG7 |
Saber recompilar información sobre temas de interese de ámbito biolóxico, analizala e emitir xuízos críticos e razoados sobre estes, incluíndo cando sexa precisa a reflexión sobre aspectos sociais e/ou éticos relacionados coa temática. |
CG10 |
Desenvolver as capacidades analíticas e de abstracción, a intuición e o pensamento lóxico e rigoroso a través do estudo da bioloxía e as súas aplicacións. |
CG11 |
Saber comunicar a todo tipo de audiencias (especializadas ou non) de xeito claro e preciso coñecementos, metodoloxías, ideas, problemas e solucións relacionadas con distintos ámbitos da bioloxía. |
CG12 |
Capacidade para identificar as súas propias necesidades formativas no campo da bioloxía e en ámbitos laborais concretos, e de organizar a súa aprendizaxe cun alto grao de autonomía en calquera contexto. |
CE3 |
Identificar, analizar e caracterizar mostras de orixe biolóxica, incluídas as de orixe humana, e as súas posibles anomalías |
CE6 |
Avaliar e interpretar actividades metabólicas |
CE8 |
Avaliar o funcionamento de sistemas fisiolóxicos interpretando parámetros vitais |
CE10 |
Analizar e interpretar as adaptacións dos seres vivos ao medio |
CE11 |
Tomar mostras, caracterizar, xerir, conservar e restaurar poboacións, comunidades e ecosistemas |
CE13 |
Avaliar os impactos ambientais. Diagnosticar e solucionar problemas medioambientais |
CE14 |
Realizar análises, control e depuración das augas |
CE19 |
Identificar, xerir e comunicar riscos agroalimentarios e ambientais |
CE21 |
Realizar e interpretar bioensaios e diagnósticos biolóxicos |
CE22 |
Identificar, caracterizar e utilizar bioindicadores |
CE23 |
Desenvolver, xerir e aplicar técnicas de control biolóxico |
CE25 |
Obter información, desenvolver experimentos e interpretar os resultados |
CE31 |
Coñecer e manexar instrumentación científico-técnica |
CE32 |
Capacidade para coñecer e manexar os conceptos e a terminoloxía propios ou específicos |
CE33 |
Capacidade para comprender a proxección social da bioloxía |
CT1 |
Desenvolver a capacidade de análise e síntese |
CT2 |
Adquirir a capacidade de organizar e planificar as tarefas e o tempo |
CT3 |
Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita |
CT6 |
Saber buscar e interpretar información procedente de fontes diversas |
CT9 |
Traballar en colaboración ou formando equipos de carácter interdisciplinar |
CT10 |
Desenvolver o razoamento crítico |
CT13 |
Sensibilización polos temas medioambientais |
CT14 |
Adquirir habilidades nas relacións interpersoais |