Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Avaliación de impacto ambiental
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliaranse os coñecementos adquiridos nas clases maxistrais mediante unha proba de respostas curtas que inclúen preguntas de razoamento crítico e a resolución de problemas e casos (3,5 puntos).
Cualificación final numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 de 5 de setembro, BOE 18 de setembro).
35 A1
A2
B2
B3
B4
B5
C1
C11
C12
C13
C15
C19
C29
C32
D1
D3
D7
D10
D16
D17
Traballo Avaliarase a memoria escrita (40%). A memoria escrita (4 points, 40% da nota final) avaliarase en tres fases: primeiro borrador (0,5 puntos, 5%), segundo borrador (1 punto, 10%) e memoria final (2,5 puntos, 25%). 40 A3
A4
A5
B7
B10
B11
B12
C1
C11
C12
C13
C14
C15
C19
C29
C31
C32
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D16
D17
Observación sistemática Terase en conta a asistencia e participación activa do alumnado nas clases teóricas, prácticas e seminarios. Tamén se terán en conta os exercicios propostos polo profesorado. A asistencia ás prácticas é obrigatoria e os estudantes teñen que asistir polo menos ao 90% das prácticas e seminarios para que esta metodoloxía sexa avaliada. 5 B2
B5
C19
D12
D14
D17
Presentación Avaliarase a exposición oral da memoria escrita (2 puntos, 20%). A defensa oral da memoria escrita realizarase durante 10 minutos en presenza do resto do alumnado e do profesorado da materia. Posteriormente á exposición, haberá unha quenda de preguntas de 5 minutos. 20 A1
A2
A3
A4
B2
B7
B10
B11
C25
C27
C32
C33
D1
D3
D6
D8
D10
D14
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia o alumno
deberá superar cada unha das partes de forma independente, e para iso deberá
obter unha puntuación de polo menos a metade do valor de cada unha delas. Se o
alumno non supera algunha das partes, a nota final divídese entre 2.
Para as
convocatorias de xullo conservarase o aprobado en cada unha das partes
consideradas no sistema de avaliación (teoría e traballo). Unha vez rematado o
curso, no caso de fallar nas dúas convocatorias dispoñibles, a matrícula no
novo curso obriga a repetir todo. 

Considerarase a cualificación de Non presentado cando o
alumnado non se presente ao exame teórico e/ou non participe nalgunha das fases
do traballo (entrega de informes e/ou exposición oral dos mesmos).

Asistencia a prácticas de laboratorio e saídas de campo:

No caso de faltas inxustificadas a estas sesións, non haberá
dereito á recuperación destas metodoloxías na segunda oportunidade (convocatoria
de xullo).

Datas de exames:

As datas oficiais dos exames actualizadas e aprobadas pola Xunta de Facultade poden consultarse en  http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames/

Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e rigor que establece a normativa vixente e poderá supor suspender a asignatura durante un curso completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para que, no caso de reincidencia, se solicite no rectorado a apertura dun expediente disciplinario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000