Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Análise e diagnóstico clínico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba escrita:
1) Temas 1 ao 7. Suporá o 25% da nota final.
Nas probas serán avaliados os contidos fundamentáis da materia (clases maxistráis e prácticas) a través de preguntas obxectivas (tipo test e resposta curta).
PARA SUPERAR A MATERIA se esixe: a) un mínimo de 4 puntos (sobre 10) na proba escrita e b) obter unha nota media mínima de 5, calculada a partir da nota obtida na proba (Temas 1 ao 7) e proba (Temas 8 ao 15)
25 A2
A3
B2
B3
C3
C4
C6
C10
C15
C17
D3
Práctica de laboratorio As capacidades e destrezas adquiridas durante as prácticas de laboratorio serán AVALIADAS DE FORMA CONTINUA. A metodoloxía de avaliación e ponderación na nota final inclúe:
1- Implicación do alumno no desenvolvemento das prácticas. Suporá un 10% da cualificación final.
2- Entrega de informes de prácticas de laboratorio: de Bioquímica (BQ) e Inmunoloxía (IN) clínicas. Os informes serán ealizados por cada un dos subgrupos de alumnos organizado en cada grupo de prácticas. A nota media (BQ +IN /2) obtida nos informes suporá o 15% da nota final.
3- Resolución de problemas / exercicios /cuestións nas prácticas de laboratorio, cuxos resultados serán entregados na mesma sesión práctica e/ou xunto co informe de prácticas.
A nota media (BQ +IN /2) obtida suporá o 15% da nota final.
40 A2
A3
B2
B3
B4
C3
C4
C6
C10
C15
D3
D4
Estudo de casos Resolución e presentación de casos clínicos, exposición e discusión do caso asignado.
Suporá un 10% da cualificación final.
10 A2
A3
B2
B3
B4
C3
C6
C10
C15
C17
D4
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba escrita:
1) Temas 8 ao 15. Suporá o 25% da nota final.
Nas probas serán avaliados os contidos fundamentáis da materia (clases maxistráis e prácticas) a través de preguntas obxectivas (tipo test e resposta curta).
PARA SUPERAR A MATERIA se esixe: a) un mínimo de 4 puntos (sobre 10) na proba escrita e b) obter unha nota media mínima de 5, calculada a partir da nota obtida na proba (Temas 1 ao 7) e proba (Temas 8 ao 15)
25 A2
A3
B2
B3
C3
C4
C6
C10
C15
C17
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Importante: Independentemente que o/a alumno/a escolla AVALIACIÓN CONTINUA OU GLOBAL a asistencia a todas as
PRÁCTICAS DE LABORATORIO  é OBRIGATORIA para APROBAR a materia (salvo as
ausencias debidamente xustificadas).

Avaliación continua:

1) Dúas probas parciais: cada unha suporá o 25% da nota. Proba 1 (Temas do 1 ao 7) e proba 2 (Temas do 8 ao 15). PARA SUPERAR A MATERIA se esixe: a) un mínimo de 4 puntos (sobre 10) en cada proba e b) obter unha nota media mínima de 5, calculada a partir da nota obtida nos dous parciáis.

2) Prácticas de laboratorio: Implicación do alumno (10% da nota final) + informes prácticas BQ e IN (15% da nota final) + resolución problemas/cuestións  de BQ e IN clínica (15% da nota final).

3) Seminario /estudo de casos: 10% da nota final.

Para superar a materia a suma: nota media dos parciais + nota prácticas + nota seminario ten que ser igual ou superior a 5.

As actividades (proba parcial, prácticas e seminarios) superadas na primeira oportunidade dun curso se conservan para a segunda oportunidade. Na segunda oportunidade dun curso non se poden recuperar prácticas e seminarios, só se poden realizar os exames parciais non superados na primeira oportunidade.

Aos alumnos/as repetidores/as conservaraselles a nota das prácticas e os seminarios. Terán dereito a repetir as devanditas actividades sempre e cando renuncien por escrito á cualificación obtida anteriormente (documento asinado e enviado ao coordinador/a). A renuncia ten que ser feita antes de que comencen as prácticas.

 Avaliación global:

O/a alumno/a que escolla avaliación global terá que superar unha proba final integradora na que se avaliará dos contidos das aulas maxistráis, prácticas de laboratorio e seminarios/estudos de caso. A proba consistirá en preguntas tipo test, preguntas curtas e resolución de problemas/caso clínico. 

Para superar a materia a nota da proba global terá que ser igual ou superior a 5. De non superarse a proba final, a calificación do/a alumno/a SÓ será a
obtida na proba final integradora sobre 10 puntos.



Na segunda oportunidade do curso, o/a alumno/a suspenso/a terá que ser novamente avaliado de todas as actividades mediante unha proba global.

Se non se supera a materia en ningunha das oportunidades do curso. O/a alumno/a non terá que facer as prácticas, pero sí será avaliado/a novamente de todos os contidos (aulas expositivas, prácticas e seminarios), xa sexa mediante avaliación continua ou global.

Información xeral

O calendario académico pódese consultar no seguinte enlace: 

http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios

O calendario de exames pódese consultar no seguinte enlace:

http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000