Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Análise e diagnóstico medioambiental
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Explicación dos conceptos fundamentais do temario co apoio de medios audiovisuais.
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán prácticas de laboratorio e de campo relacionadas coa mostraxe, tratamento e análise de diferentes mostras ambientais sometidas a diversas presións antropoxénicas, incluindo solos, auga e organismos vivos, e se realizarán analises estadísticas cando corresponda. Realizarán tamén visitas a laboratorios de referencia.
Traballo tutelado Os alumnos realizarán un traballo tutelado por diferentes profesores da materia sobre estudos de investigación xa publicados que discutirán de forma crítica en relación co seu plantexamento e metodoloxía
Debate Os alumnos debatirán na aula sobre diferentes temas medioambientais incluindo os temas dos traballos tutelados, facendo preguntas os seus propios compañeiros sobre os temas escollidos

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000