Guia docente 2021_22
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Microbioloxía II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Sesións de 50 minutos, con apoio de presentacións Power Point en Pantalla electrónica,
nas que se expoñerán os fundamentos teóricos da materia.
Prácticas de laboratorio As prácticas realizaranse no laboratorio de Microbioloxía e permitirán aplicar e desenvolver os coñecementos adquiridos nas ensinanzas teóricas. Explicación e supervisión do profesor; realización das prácticas polo alumno seguindo os protocolos e usando o material suministrado polo profesor. Os alumnos deberán presentar un informe dos resultados obtidos.
Seminario Os alumnos profundarán no temario da materia desempeñando as actividades propostas polo profesor, a través dun seminario de aprendizaxe colaborativo de 2 h de duración. Noutro seminario, de 1 h de duración, trataranse aspectos de taxonomía bacteriana complementarios aos tratados nalgunhas leccións maxistrais.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000