Bioloxía funcional e ciencias da saúde Bioquímica, xenética e inmunoloxía
Coordinador/a
Morán Martínez, María Paloma
Correo-e
paloma@uvigo.es
Profesorado
Álvarez Otero, Rosa María
de Carlos Villamarín, Alejandro Leonides
Faro Rivas, Jose Manuel
Morán Martínez, María Paloma
Web
Descrición xeral
Materia eminentemente práctica cuxa misión é a adquisición de experiencia no emprego de técnicas moleculares, celulares e histolóxicas avanzadas. Preténdese mostrar as posibilidades de tales técnicas e completar e estender os coñecementos adquiridos polo alumno na materia de técnicas básicas de laboratorio do curso primeiro de grao e nas prácticas de laboratorio das materias do curso segundo de grao. Para iso realizaranse diferentes protocolos experimentais no laboratorio que son considerados como avanzados polo seu nivel técnico e conceptual. As diferentes técnicas agruparanse en módulos segundo a súa relación con distintos áreas da Bioloxía. O método docente está principalmente baseado no traballo de laboratorio, pero tamén incorpora lecturas complementarias e ferramentas para conseguir unha integración dos coñecementos dos diversos ámbitos e poder aplicalos a un problema experimental dende diferentes puntos de vista técnicos. O material de traballo estará, polo menos en parte, en inglés.
Os horarios da materia e datas do examen pódense consultar na páxina web da facultade.