Guia docente 2019_20
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Zooloxía II: Invertebrados artrópodos e cordados
   Competencias
Código Descrición Tipoloxía
CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  • saber
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  • saber facer
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  • saber facer
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado.
  • saber facer
CG2 Capacidade de lectura e análise de documentos científicos e de interpretar datos e informacións, extraendo o esencial do accesorio ou secundario, e de fundamentar debidamente as pertinentes conclusións.
  • saber facer
CG3 Adquirir coñecementos xerais das materias básicas da bioloxía, tanto a nivel teórico como experimental, sen descartar unha maior especialización en materias que se orientan a un ámbito profesional concreto.
  • saber
CG4 Capacidade para manexar ferramentas experimentais, incluíndo a instrumentación científica e informática, que apoien a busca de solucións a problemas relacionados co coñecemento básico da bioloxía e con aqueles propios dun contexto laboral.
  • saber facer
CG5 Coñecer os niveis de organización dos seres vivos tanto dende un punto de vista estrutural (molecular, celular, orgánico) como funcional, observando as súas relacións co medio e con outros organismos, así como as súas manifestacións ante situacións de alteración ambiental.
  • saber
CG7 Saber recompilar información sobre temas de interese de ámbito biolóxico, analizala e emitir xuízos críticos e razoados sobre estes, incluíndo cando sexa precisa a reflexión sobre aspectos sociais e/ou éticos relacionados coa temática.
  • saber facer
CG10 Desenvolver as capacidades analíticas e de abstracción, a intuición e o pensamento lóxico e rigoroso a través do estudo da bioloxía e as súas aplicacións.
  • saber facer
CG11 Saber comunicar a todo tipo de audiencias (especializadas ou non) de xeito claro e preciso coñecementos, metodoloxías, ideas, problemas e solucións relacionadas con distintos ámbitos da bioloxía.
  • saber facer
CG12 Capacidade para identificar as súas propias necesidades formativas no campo da bioloxía e en ámbitos laborais concretos, e de organizar a súa aprendizaxe cun alto grao de autonomía en calquera contexto.
  • saber facer
CE1 Obter, manexar, conservar, describir e identificar espécimes biolóxicos actuais e fósiles
  • saber facer
CE2 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. Realizar análises filoxenéticas e identificar as probas da evolución
  • saber facer
CE9 Analizar e interpretar o comportamento dos seres vivos
  • saber facer
CE10 Analizar e interpretar as adaptacións dos seres vivos ao medio
  • saber facer
CE11 Tomar mostras, caracterizar, xerir, conservar e restaurar poboacións, comunidades e ecosistemas
  • saber facer
CE12 Catalogar, cartografar, avaliar, conservar, restaurar e xerir recursos naturais e biolóxicos
  • saber facer
CE23 Desenvolver, xerir e aplicar técnicas de control biolóxico
  • saber facer
CE24 Deseñar modelos de procesos biolóxicos
  • saber facer
CE31 Coñecer e manexar instrumentación científico-técnica
  • saber facer
CE32 Capacidade para coñecer e manexar os conceptos e a terminoloxía propios ou específicos
  • saber
CE33 Capacidade para comprender a proxección social da bioloxía
  • saber
CT1 Desenvolver a capacidade de análise e síntese
  • saber facer
CT2 Adquirir a capacidade de organizar e planificar as tarefas e o tempo
  • saber facer
CT3 Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita
  • saber facer
CT4 Adquirir coñecementos de lingua extranxeira relativos ao ámbito de estudo
  • saber
CT6 Saber buscar e interpretar información procedente de fontes diversas
  • saber
CT7 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva
  • saber facer
CT8 Desenvolver a capacidade de aprendizaxe autónoma
  • saber facer
CT9 Traballar en colaboración ou formando equipos de carácter interdisciplinar
  • saber facer
CT10 Desenvolver o razoamento crítico
  • saber
CT11 Adquirir un compromiso ético coa sociedade e a profesión
  • Saber estar / ser
CT12 Comportarse con respecto á diversidade e a multiculturalidade
  • Saber estar / ser
CT13 Sensibilización polos temas medioambientais
  • Saber estar / ser
CT14 Adquirir habilidades nas relacións interpersoais
  • saber facer
CT15 Desarrollar a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor
  • saber facer
CT17 Desenvolver a capacidade de autocrítica
  • saber
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000