Guia docente 2021_22
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Citoloxía e histoloxía animal e vexetal II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral Os conceptos adquiridos na aula serán avaliados no exame da materia. Este exame incluirá preguntas (curtas, longas e tipo test), na que haberá unha interrelación de conceptos adquiridos na sesión maxistral, laboratorio e / ou seminarios 50
Prácticas de laboratorio Os conceptos adquiridos nas sesións de laboratorio avaliaranse en tres probas de seguimento realizadas cada dúas prácticas e unha proba final coincidindo co exame oficial da materia. En todas elas o alumno terá que identificar diferentes estruturas en imaxes ou esquemas, tales como tipos celulares, tecidos, órganos, tipo de crecemento ou grupo de plantas, estruturas tamén explicadas na aula. 24 CB2
CB3
CB4
CG3
CG4
CG12
CE2
CE3
CE4
CE21
CE25
CE31
CE32
CE33
CT2
CT5
CT6
CT10
CT14
Seminario A valoración do seminario realizarase de modo continuo ao longo do curso, baseándose na calidade da participación do alumno. 11 CB3
CB4
CG2
CG3
CG7
CG10
CG11
CE28
CE32
CT2
CT3
CT9
CT10
CT14
Autoavaliación Ao longo do curso realizaranse cuestionarios de autoavaliación. A través da plataforma Faitic, os alumnos completarán 5 cuestionarios ao longo do semestre. Cada cuestionario tratará un grupo de leccións na orde do día. Terán lugar antes do comezo das clases teóricas e terán unha duración de 10 minutos. 15 CB3
CG5
CE32
CT4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia ás clases de teoría, prácticas e seminarios é obrigatoria para todos os alumnos e será obxecto de control rigoroso en alumnos doutras convocatorias. Realizarase un seguimento continuado da asistencia a teoría e prácticas, así como da intervención nos debates dos seminarios, o cal servirá para controlar o rendemento do alumno. O alumno terá que ter polo menos un 80% de asistencia ás distintas actividades para ser avaliado.

A avaliación da materia Citoloxía e Histoloxía Animal e Vexetal II combinará probas escritas e avaliación continua ao longo do curso.

a) Valoración do seminario

A valoración do seminario (valor máximo: 1,1 punto sobre 10) realizarase de modo continuo durante o curso. Ao haber tres seminarios o valor de cada un será de 0,3 puntos. Esta nota se consiguese por avaliación de coñecementos, ademáis a asistencia a os tres seminarios sumarán o 0,2 restante. A inclusión do valor do seminario na cualificación definitiva da materia levará a cabo cando o alumno preséntase ao exame oficial da materia.

A cualificación do seminario manterase dentro do curso en vigor.

b) Valoración Práctica

Ao longo das prácticas levaranse a cabo tres probas que consistirán principalmente na identificación de tecidos e/ou órganos mediante a observación de diapositivas. Cada proba terá un valor máximo de 0,8 puntos.  A cualificación das prácticas manterase dentro do curso en vigor.

c) Valoración teórica

Haberá dúas probas escritas onde se avaliarán os coñecementos teóricos da materia. Nestas probas poderanse facer preguntas que integren coñecementos teóricos e prácticos. O valor máximo de ambas as probas é de 5 puntos sobre 10, dos cales 3,5 puntos corresponderán á parte de histoloxía animal e o resto, 1,5 puntos corresponderán á parte de histoloxía vexetal. O formato de preguntas será variado podendo incluír:

1) Cuestións de resposta curta.

2) Cuestións que vinculen a identificación de imaxes/esquemas con conceptos teóricos.

3) Cuestións de tipo test (resposta única/múltiple), baseadas en coñecementos adquiridos na aula e no laboratorio.

d) Avaliación dos cuestionarios (autoavaliación)

Ao longo do desenvolvemento da materia levaranse a cabo 5 cuestionarios de autoavaliación mediante a plataforma FAITIC.Cada cuestionario comprenderá preguntas correspondentes a un grupo de clases teóricas.Terán lugar na aula e cada un terá un valor de 0,3 puntos.

e) Cualificación definitiva da materia

Para aprobar a materia hai que superar o 50% da parte teórica (2,5) e o 50% da parte práctica (1,2). Pola contra, a nota final será o resultado de multiplicar a nota total (teoría + prácticas + seminarios) por 0,5.

Dacordo co baremo determinado pola Universidade de Vigo, a materia de Citoloxía e Histoloxía Animal e Vexetal II disporá de cualificación numérica con só un decimal, coa seguinte equivalencia:

NON PRESENTADO, o alumno que non se presente a o examen final.

SUSPENSO: 0-4,9
APROBADO: 5-6,9
NOTABLE: 7-8,9
SOBRESAINTE: 9-10
MATRÍCULA DE HONRA: Outorgada a alumnos que obtivesen unha cualificación igual ou superior a 9. O seu número non poderá exceder do 5% dos alumnos matriculados nunha materia no correspondente curso académico, salvo que o número de alumnos matriculados sexa inferior a 20, nese caso, poderase conceder unha soa Matrícula de Honra.

As datas dos exames e os horarios de clase pódense consultar na páxina web da facultade sendo susceptibles de modificación en circunstancias especiais.


http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/grado-en-biologia/horarios




Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000