Sesión maxistral |
O profesor estrutura e/ou explica os obxectivos e contidos de cada tema e discute as cuestións suscitadas polos alumnos. Para o seu estudo, estes dispoñen en Faitic das presentacións comentadas no aula e de fichas de apoio de cada tema, organizadas en obxectivos, fontes bibliográficas e cuestionarios de autoevaluación. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
O profesor propón problemas e exercicios modelo, explica o método a seguir para a súa resolución e resolve as dúbidas dos alumnos. Estes dispoñen en Faitic deste material e de problemas para a súa resolución de forma autónoma. |
Metodoloxías integradas |
En dúas sesións de grupos B, de 90 minutos cada unha, os alumnos desenvolverán, baixo a dirección do profesor, actividades integradas de Aprendizaxe Colaborativo. O material de traballo quedará exposto en Faitic. |