Clases teóricas apoiadas en presentaciones de Power Point.
0
Prácticas de laboratorio
Examen das prácticas de laboratorio. Avaliaranse de forma global depois das sesions practicas o no exame final, e sobre 2 puntos, mediante un exame escrito.
20
CB2 CB3
CG2 CG4 CG5 CG7 CG10
CE3 CE4 CE25 CE31 CE32
CT1 CT5 CT6 CT7 CT8
Seminario
Valoración do traballo desenvolvido durante os seminarios
10
CB1 CB3 CB4
CG2 CG3 CG4 CG7 CG10 CG11 CG12
CE25 CE28 CE33
CT1 CT7 CT14
Exame de preguntas obxectivas
Exame final das clases teóricas
70
CB2 CB3
CG2 CG3 CG5
CE2 CE4 CE21 CE25
CT1 CT5 CT6 CT7 CT8 CT10
Outros comentarios sobre a Avaliación
A asistencia ás clases teóricas, prácticas e seminarios é obrigatoria salvo falta debidamente xustificada.
Para aprobar a materia hai que superar o 40% tanto da parte teórica como da práctica. Pola contra, a nota final será o resultado de multiplicar a nota total (teoría + prácticas + seminarios) por 0.5.
No caso de que a valoración final da materia non alcance o aprobado (5 puntos), pero supere algunha das partes (teoría, prácticas ou seminarios), manterase esa puntuación para a segunda oportunidade de exame (xullo).
Os alumnos repetidores doutros anos deberán realizar todas as actividades de aula e laboratorio (seminarios e prácticas), das que serán avaliados.
Teoría. O primeiro bloque temático (Bioloxía Celular) avaliarase sobre catro (4 puntos) nun exame parcial que se establecerá no calendario oficial. Este parcial será eliminatorio e os alumnos que non o superen NON poderán repetilo no exame final. Os alumnos que non se presenten a este parcial poderán examinarse de esta parte da asignatura no exame final na data fixada pola Facultade. O segundo bloque temático (Bioloxía do Desenvolvemento) avaliarase sobre tres (3 puntos) na data do exame final fixada pola Facultade. O peso máximo da parte teórica sobre a nota final será de 7 puntos (4+3).
Prácticas. As prácticas avaliaranse de forma global nun examen e sobre 2 puntos. Os alumnos poderán decidir presentarse ao exame de prácticas que se fará tras terminar a última práctica ou facer devandito exame no exame final.
Seminarios. Se evaluará a asistencia e o traballo realizado no aula. Con esta avaliación poderase conseguir un máximo de 1 punto da nota total.
Exame para subir nota. Os alumnos que superen o exame final, ben no primeiro cuatrimestre ou ben na convocatoria de xullo, e desexen mellorar a súa cualificación, poderán presentarse a un exame para subir nota que se realizará en data e hora a determinar polo profesor.
Non presentado. Considerarase cando non realice ningunha actividade que conleve avaliación.
Data do exame final. As datas dos exames poden consultarse na páxina web da Facultade: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames
Horarios da materia. Os horarios da asignatura poden consultarse na seguinte dirección: http://bioloxia.uvigo.es/gal/docencia/horarios
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000