Guia docente 2012_13
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Botánica I: Algas e fungos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Na primeira clase procederase á presentación da materia. Farase unha breve exposición dos seus contidos e das actividades previstas durante o semestre, facendo fincapé nas normas, procedimentos de avaliación e requisitos mínimos para superar a materia.
Sesión maxistral O programa teórico da materia desenvolverase durante as sesións maxistrais. Os materiais didácticos utilizados durante as exposicións e o texto completo das leccións estarán anticipadamente a disposición dos alumnos na plataforma TEMA, coa finalidade de dinamizar las clases, aclarar conceptos ou resolver posibles dubidas.
Prácticas de laboratorio Tras unha breve descripción do procedemento de toma de mostras e as características dos organismos estudiados, en cada sesión de prácticas examinaranse utilizando lupa e microscopio óptico. Farase uso de chaves para a identificación das especies.
As explicacións relativas a cada práctica e a plantilla do informe que deberá cumplimentar á finalización das mesmas estarán dispoñibles na plataforma TEMA.
Para superar a materia é preceptiva a asistencia a todas las sesiónes, salvo que a falta esté axeitadamente xustificada.
Levaranse a cabo no laboratorio LD4 (Sección A, Planta 1ª, Porta 1)
Titoría en grupo Unha semana antes dos exames previstos se dedicará unha hora de clase a analizar contidos, resolver cuestións promovidas pola profesora e posibles dubidas plantexadas polos estudantes.
Traballos tutelados Os traballos versarán sobre distintas temáticas relacionadas coa materia; poderán ser de carácter exclusivamente bibliográfico ou incorporar observacións de campo.
Levaranse a cabo en grupos de 6-8 alumnos. A profesora fará o seguemento dos progresos na súa elaboración ao longo de tres entrevistas de 1 hora distribuidas no cuadrimestre. Cada alumno será responsable da autoría de, alomenos, un dos apartados e do resultado final do conxunto.
Presentacións/exposicións Farase a exposición pública dos traballos anteriormente mencionados; nesa exposición intervirán todos os integrantes de cada grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000