Guia docente 2012_13
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioloxía: Evolución
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2012_13
Materia Bioloxía: Evolución Código V02G030V01101
Titulación
Grao en Bioloxía
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía funcional e ciencias da saúde
Bioloxía vexetal e ciencias do solo
Bioquímica, xenética e inmunoloxía
Ecoloxía e bioloxía animal
Xeociencias mariñas e ordenación do territorio
Coordinador/a
Megias Pacheco, Manuel
Fariña Fariña, Jose
Rolan Alvarez, Emilio
Correo-e rolan@uvigo.es
josecho@uvigo.es
mmegias@uvigo.es
Profesorado
Diez Ferrer, Jose Bienvenido
Fariña Fariña, Jose
Galindo Dasilva, Juan
Megias Pacheco, Manuel
Navarro Echeverria, Luis
Posada Gonzalez, David
Rolan Alvarez, Emilio
Web http://webs.uvigo.es/rolan/
Descrición xeral Preténdese que os alumnos que cursen esta materia adquiran unha visión global da evolución e dos seus fundamentos conceptuais e metodolóxicos. Os estudantes deberán chegar a acadar os seguintes obxectivos xerais:

- Aprender e aplicar as pautas da metodoloxía científica e, en concreto, do razoamento científico. Identificar interpretacións pseudocientíficas.

- Entender os principais mecanismos evolutivos, en particular a selección natural.

- Entender as principais hipóteses sobre a orixe da vida e coñecer a grandes trazos a historia da vida.

- Comprender o rexistro fósil como testemuño palpable da historia da vida no noso planeta (alternativamente, como proba da evolución dos seres vivos desde os seus orixes ata a actualidade), o seu significado e as súas aplicacións.

- Entender os procesos biolóxicos, climáticos e ecolóxicos que condicionaron a nosa aparición como especie, así como a súa historia evolutiva e as consecuencias que implica a nosa herdanza biolóxica.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000