Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Teatro e Artes Escénicas
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos e proxectos O traballo Fin de Máster de Teatro y Artes Escénicas a tódolos efectos débese entender como unha asignatura máis do Máster e debe contar cos seguintes requisitos:
Ao comezo do curso, o alumnado, coa orientación do profesor/a da materia obrigatoria Liñas de investigación, deberá elixir un tema dentro das liñas de investigación que o Programa ofrece e o nome correspondiente do profesor/a que lle vai dirixir o traballo.
Deberá presentar o traballo á coordinación do Máster(tres copias debidamente encadernadas) ata o último día lectivo de maio (primeira convocatoria) ou de xuño (segunda convocatoria). O lugar de entrega será o ben no despacho B50 ou no casillero do Máster que se atopa na conserxería da FFT. Este traballo será defendido públicamente diante dun tribunal composto por tres profesores do Máster, en día, hora e lugar que a Comisión Académica estableza coa suficiente antelación. Esas datas serán informadas ós titores/as e ao alumnado a través do correo electrónico e serán publicitadas da weblog do Máster.
O traballo deberá ter non menos de 40 folios, a espazo e medio, cunha letra tamaño 12 tipo Times New Roman ou equivalente, coas marxes habituais de 3 cm por cada extremo.
O traballo, orixinal e riguroso, deberá contar coa supervisión e o beneplácito do director antes de ser presentado ao tribunal coa súa firma na portada do traballo. Esixirase a estricta corrección formal propia deste tipo de traballos de investigación.
100 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
D1
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<p>Aqueles alumnos que non superen o traballo fin de máster en primeira convocatoria ou non se presenten poderán presentarse á segunda convocatoria do mes de xullo.</p><div>As datas oficiais de entrega da memoria e da defensa do TFM serán publicadas con antelación suficiente na weblog do Máster:&nbsp;<a href=&quot;&quot;http://masterartesescenicas.wordpress.com/&quot;&quot;>http://masterartesescenicas.wordpress.com/</a></div>
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000