Traballos e proxectos |
O traballo Fin de Máster de Teatro y Artes Escénicas a tódolos efectos débese entender como unha asignatura máis do Máster e debe contar cos seguintes requisitos:
Ao comezo do curso, o alumnado, coa orientación do profesor/a da materia obrigatoria Liñas de investigación, deberá elixir un tema dentro das liñas de investigación que o Programa ofrece e o nome correspondiente do profesor/a que lle vai dirixir o traballo.
<br><br>Deberá presentar o traballo á coordinación do Máster(tres copias debidamente encadernadas) ata o último día lectivo de maio (primeira convocatoria) ou de xuño (segunda convocatoria). O lugar de entrega será o ben no despacho B50 ou no casillero do Máster que se atopa na conserxería da FFT. Este traballo será defendido públicamente diante dun tribunal composto por tres profesores do Máster, en día, hora e lugar que a Comisión Académica estableza coa suficiente antelación. Esas datas serán informadas ós titores/as e ao alumnado a través do correo electrónico e serán publicitadas da weblog do Máster.
O traballo deberá ter non menos de 40 folios, a espazo e medio, cunha letra tamaño 12 tipo Times New Roman ou equivalente, coas marxes habituais de 3 cm por cada extremo.
O traballo, orixinal e riguroso, deberá contar coa supervisión e o beneplácito do director antes de ser presentado ao tribunal coa súa firma na portada do traballo. Esixirase a estricta corrección formal propia deste tipo de traballos de investigación. |
100 |