Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Teatro e Artes Escénicas
 Materias
  Expresión Corporal e Danza
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Exame dos contidos tratados en clase. Proporanse un número de preguntas, tanto de resposta curta como de resposta longa e de desenvolvemento. 50 A2
A4
C3
Traballos tutelados Realización dun proxecto/revisión tendo en conta os contidos explicados nas sesións maxistrais. 30 A4
D1
Presentacións/exposicións Dos contidos traballados na sesión maxistral, o alumno/a desenvolverá un apartado específico proposto pola profesora, o cal terá que presentar e expor. 20 A4
C4
C7
C9
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación tentará recoller e valorar todos aqueles aspectos relacionados co alumnado respecto ao campo conceptual, procedimental, actitudinal e relacional. Está deseñada en función das seguintes características: formativa, continua, integral e final. Por tanto, afecta a todo o proceso de ensino-aprendizaxe.

A CUALIFICACIÓN FINAL da materia resultará da integración das distintas notas das actividades propostas. Deberán ter superadas todas as partes para obter unha cualificación positiva. Os alumnos/as que non realicen todas as actividades de avaliación obterán a cualificación final de suspenso, aínda que algunhas actividades estean aprobadas. Se o alumno/a realiza só algunhas das actividades do curso terán a cualificación de suspenso.

Cando o alumno necesite de máis dunha convocatoria para superar a materia, gardaranse notas parciais durante a segunda convocatoria; é dicir, na convocatoria extraordinaria de xullo manteranse aquelas notas parciais que o alumnado teña superadas, e só se presentarán a aquelas que non superaron.

A revisión farase no despacho da profesora.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000