Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Teatro e Artes Escénicas
 Materias
  Dimensión Terapéutica do Teatro
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral A sesións maxistrais constitúen o elemento máis importante de transmisión dos coñecementos sobre a disciplina. Por sesións maxistrales cabe entender aquelas en que a docencia se focaliza na exposición dos contidos correspondentes aos distintos temas do programa do curso. O seu obxectivo é proporcionar coñecementos tanto conceptuais como procedimentales acerca dos distintos temas e é por iso que, en función da natureza destes, cumprirá presentar diferentes tipos de explicación (presentación de definicións, exposición de procedementos, desenvolvemento de técnicas de análise). Esta utilizarase puntualmente para clarificar os contidos que revistan maior dificultade técnico-metodolóxica para, a continuación, presentar situacións que exemplifiquen o contido do exposto. En xeral, para asegurar a comprensión e dominio da metodoloxía farase unha introdución a cada tema, con aclaración da terminoloxía e os conceptos máis importantes, achegando un apoio bibliográfico xeral e específico. De todas maneiras o tipo de sesión maxistral vai estar en función dos diferentes bloques do programa xa que algúns deles van esixir por parte do profesor a elaboración dun material máis esquemático. Como complemento, entregaranse unha serie de diagramas que resumen os conceptos fundamentais explicados en cada tema e realizaranse unha serie de exercicios prácticos, de forma intercalada, o que confire á exposición un carácter teórico-práctico que forza necesariamente ao alumno tanto á asimilación coma á participación e discusión. Desenvolverase en gran grupo.
Traballos tutelados Os estudantes, de maneira individual, elaborarán un traballo de investigación sobre un tema específico da materia. Cumpren dous obxectivos básicos, por un lado constitúen un complemento esencial da materia e, por outro, serven de iniciación á práctica da investigación. No seu desenvolvemento podemos distinguir un nivel teórico, consistente na lectura e comentario da bibliografía sobre o tema, a partir do que os alumnos elaborarán o marco teórico e interpretarán os resultados obtidos, e un nivel práctico correspondente á recollida dos datos e aspectos con el relacionados. Ambos os dous niveis concrétanse na elaboración dun informe de investigación segundo as pautas, procesos e procedementos que se deben seguir ao realizar un traballo social. Este traballo será baixo a dirección e orientación do profesor.
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes do informe de investigación realizado sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto...
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000