Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Teatro e Artes Escénicas
 Materias
  Principios e Ámbitos da Educación e Animación Teatral
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2013_14
Materia Principios e Ámbitos da Educación e Animación Teatral Código V01M130V01204
Titulación
Máster Universitario en Teatro e Artes Escénicas
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OP 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Soto Carballo, Jorge Genaro
Correo-e hesoto@uvigo.es
Profesorado
Soto Carballo, Jorge Genaro
Web
Descrición xeral A materia Principios e Ámbitos da Educación e Animación Teatral deséñase como unha proposta aberta e flexible que posibilite a intervención e o feeb-back continuo entre profsor e alumnos/as dentro dos estudos do Master en Artes Escénicas. Quere ter unha pretensión holística que faga posible a comprensión, o estudo e a utilización de ferramentas axeitadas para facilitar a achega ós fenómenos pedagóxicos e artísticos cunha ampla mirada, de maneira que o alumno/a saiba comprendelos e analizalos tendo en conta ós procesos educativos que lle dan forma poñendo en valor a mirada creativa, artística e social que o seu arredor se desenvolve. A animación teatral defínese como aquel conxunto de prácticas socioeducativas con persoas, grupos ou comunidades que, a través de metodoloxías dramáticas ou teatrais, xenera procesos de creación cultural e persegue o empoderamento (empowerment) dos participantes. Definimos esta materia como un punto de encontro interdisciplinar no que confluen o antropolóxico, o educativo e o artístico.
Neste sentido a proposta que agora presentamos ven significar unha aposta polas metodoloxías baseadas no principio de actividade. Para iso é preciso coñecer, familiarizarse con algunhas das teorías e paradigmas educativos para implementar o desenvolvemento do binómio teoría-práctica e por extensión, dotar aos alumnos de competencias pedagóxicas que lles posibiliten un achegamento máis actualizado ao coñecemento do corpus da materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000