Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Teatro e Artes Escénicas
 Materias
  Análise e Crítica de Espectáculos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Debates A docente proporcionará aos estudantes textos que serán empregados como punto de partida para o traballo en clase. As aportacións na aula sobre eses textos serán tidas en conta na cualificación final. 10
Estudo de casos/análise de situacións Realizar unha análise e mais unha crítica dun espectáculo (máx. 15 páxs.). Deberán pactar previamente coa docente cal será ese espectáculo e o xénero escollido. 60
Traballos e proxectos Entregarase un texto arredor dun dos ámbitos do temario que suscite especial interese e/ou debate en todo o grupo. Sobre el pedirase un comentario por escrito no que o estudante poida acreditar o seu dominio da reflexión teórica e crítica sobre a propia teoría (máx. 5 páxs.). 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira sesión
entregarase un programa máis detallado no que se contemplen as lecturas das sesións, os espectáculos que se visualizarán e o
programa de traballo para cada unha delas, axustado, tamén ao número de
estudantes matriculados e perfil dos mesmos.

Se o alumno/a non se acolle a evaluación continua poderá presentarse tanto na primeira convocatoria (xuño);coma na segunda (xullo) facendo un traballo que deberá pactar coa profesora e que consistirá na realiación dunha análise e crítica de varios espectáculos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000