Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Teatro e Artes Escénicas
 Materias
  Análise e Crítica de Espectáculos
   Contidos
Tema Subtema
1. Teatro, espectáculo, literatura, crítica, análise... Conceptos xerais ou peneira da materia.

1.1. Que é un espectáculo?
1.2. Unha breve perspectiva histórica: da teoría á critica ou viceversa.
2. Crítica vs. Análise: unha aproximación inicial.

2.1. Crítica e xuízo de valor.
2.2. A análise como método científico e como ferramenta.
2.3. A utilidade dunha crítica analítica e dunha análise crítica.
3. A análise estrutural de espectáculos.

3.1. Unha incursión no problema (ou na solución) da ficción como categoría estruturante do espectáculo.
3.2. As categorías estruturais do espectáculo escénico: categorías do discurso e categorías da forma.
4. A análise escénico-estrutural do espectáculo.

4.1. A consideración da posta en escena e da particular relación comunicativa do espectáculo hic et nunc.
4.2. O signo no teatro.
4.3. O “questionaire” do analista da posta en escena.
5. A crítica: concepto e funcións.

5.1. A función da crítica: do canon á mediación.
5.2. O crítico teatral como axente dentro dun sistema: intereses, desintereses, ideoloxías.
5.3. Tipoloxías da crítica. Crítica da crítica.
6. Os retos contemporáneos da crítica. 6.1. Do post-cultural á globalización.
6.2. O lugar das artes e o lugar do crítico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000