Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Teatro e Artes Escénicas
 Materias
  Teatro Latinoamericano Contemporáneo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Dependendo das condicións do alumnado (presencial ou semipresencial), esixirase o cumprimento das condicións requiridas, ben sexa pola presenza e participación nas devanditas sesións ou polo seguimento a través da tutorización a distancia. 20
Presentacións/exposicións Valorarase a presentación do traballo asignado (discurso organizado, capacidade de síntese, habilidade oratoria) 10
Traballos e proxectos O traballo asignado será de entrega obrigatoria. A cada alumno/a asignaráselle un traballo na primeira sesión. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tanto quen non supere en primeira convocatoria o mínimo requirido para aprobar a materia, como para aqueles que opten por unha segunda convocatoria, haberá un exame escrito no que se avaliará de todos os contidos impartidos durante as sesións. presenciais.

Por norma xeral para esta materia como para todo o Máster:

O alumnado presencial que non asista ao tres sesións obrigatorias ou o semipresencial á primeira obrigatoria deberá facer un exame final da materia sobre o temario, bibliografía e lecturas proporcionadas nas guía docente e/ou a plataforma FAITIC. A data deste exame tanto para a primeira convocatoria como para a segunda (Xullo) efectuarase nas datas sinaladas para exames pola FFT. O alumnado que se atope nesta situación deberá porse en contacto co profesorado da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000