Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Teatro e Artes Escénicas
 Materias
  O Teatro e a Música na Educación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Observación sistemática do traballo na aula interactuando co alumnado para a resolución de problemas e/ou exercicios. 10 C1
D1
D2
D4
Sesión maxistral Atención e participación 20 A1
A3
C3
C9
Prácticas autónomas a través de TIC Procura de datos, exemplos e actuacións concretas a través das TIC. 5 C1
Traballos e proxectos Elaboración dun traballo persoal e crítico sobre algún dos aspectos desenvolvidos na materia. 60 C1
C3
C9
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios na plataforma Faitic. 5 C1
C6
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Asistencia obrigatoria á primeira sesión na que se explicará aos alumnos e alumnas semipresenciais o plan de traballo para superar a materia, a través de exercicios e proxectos que estarán propostos na plataforma Faitic, así como por consultas e titorías por correo electrónico e vídeo conferencia, caso de ser preciso. 

Os alumnos que non superen a primeira convocatoria terán que realizar un traballo persoal na convocatoria de xullo que quedará exposta na plataforma Faitic.

Como norma xeral do Máster aprobada pola CA:

O alumnado presencial que non asista ás sesións obrigatorias ou o semipresencial á primeira obrigatoria deberá facer un exame final da materia sobre o temario, bibliografía e lecturas proporcionadas nas guía docente e/ou a plataforma FAITIC. A data deste exame tanto para a primeira convocatoria como para a segunda (xullo) efectuarase nas datas sinaladas para exames pola FFT. O alumnado que se atope nesta situación deberá porse en contacto co profesorado da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000