Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Teatro e Artes Escénicas
 Materias
  O Teatro e a Música na Educación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Observación sistemática do traballo na aula interactuando cos alumnos para a resolución de problemas e/ou exercicios. 20
Sesión maxistral Atención e participación 10
Traballos e proxectos Elaboración dun traballo persoal e crítico sobre algún dos aspectos desenvolvidos na materia. 60
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios na plataforma Faitic. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Asistencia obrigatoria á primeira sesión na que se explicará aos alumnos semipresenciais o plan de traballo para superar a materia a través de exercicios e proxectos que estarán propostos na plataforma Faitic. 

Os alumnos que non superen a primeira convocatoria terán que realizar un traballo persoal na convocatoria de xullo que quedará exposta na plataforma Faitic.

Como norma xeral do Máster aprobada pola CA:

O alumnado presencial que non asista ao tres sesións obrigatorias ou o semipresencial á primeira obrigatoria deberá facer un exame final da materia sobre o temario, bibliografía e lecturas proporcionadas nas guía docente e/ou a plataforma FAITIC. A data deste exame tanto para a primeira convocatoria como para a segunda (Xullo) efectuarase nas datas sinaladas para exames pola FFT. O alumnado que se atope nesta situación deberá porse en contacto co profesorado da materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000