Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Teatro e Artes Escénicas
 Materias
  Teatro e Espectáculo nos Séculos XVI, XVII e XVIII
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumno haberá de realizar dous traballos: un proposto pola profesora María José Alonso Veloso sobre a primeira parte da materia; e outro proposto pola profesora Macarena Cuiñas Gómez sobre a segunda parte da materia. Cada traballo supón o 50% da nota final do alumno.
O alumno deberá obter unha nota mínima de 4 nas dúas partes, para que sexa posible calcular a media. En caso contrario, gardarase a nota da parte superada ata a segunda convocatoria, de modo que o alumno só deberá ser avaliado da parte non superada en primeira convocatoria.
95
Observación sistemática A actitude do alumno terase en conta na avaliación. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comezo das sesións desta materia, as profesoras informarán as posibilidades de traballos que poden realizar os alumnos e establecerán os prazos de entrega dos mesmos. Para evitar problemas posteriores, estes prazos marcaranse como fixos, con datas límite de entrega, só prorrogables por causas debidamente acreditadas e previa autorización das profesoras.

Aqueles alumnos que non presenten os dous traballos no prazo dado e, por tanto, sexan avaliados como non presentados na primeira convocatoria, ou aqueles alumnos que non superen a materia unha vez feita a media dos dous traballos, deberán realizar un exame da materia  na segunda convocatoria. Ordinariamente a data da proba será a que fixe oficialmente a Facultade. Os alumnos que se atopen nesta situación e teñan algunha necesidade particular neste sentido deben porse en contacto coas profesoras para fixar unha data de exame ou para consultar posibles dúbidas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000