Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Teatro e Artes Escénicas
 Materias
  Elaboración de Proxectos de Investigación: Deseño, Recursos e Ferramentas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos e proxectos Para a realización do proxecto o alumnado deberá seguir o seguinte procedemento:
-Consultar os arquivos estudio empírico, estrategias LLJ, Enseñanza, pedagogia teatral e cuestionario nos que atopará exemplos de posibles investigacións, experimental ou cuantitativa e cualitativa que lles pode servir de guía e de referencia para a súa elección do deseño de investigación.
-Unha vez elexido o tema obxecto de estudo debe decidir os obxectivos do mesmo e a partir deles decidir o método de investigación que vai a utilizar e as técnicas que precisa para lograr os obxectivos deseñados. Sobre a análise de contido atopará un documento concreto ademáis dun texto básico (arquivo análises e contido). Para elo debe realizar un esquema onde se explicite a toma de decisións nas diferentes fases da investigación relacionadas coa temática que elexira. As fases de investigación son as siguientes:
1. Fase Preparatoria.
2. Fase de Traballo de Campo.
3. Fase Analítica.
4. Fase Informativa (Presentación do informe de investigación) (Ver arquivo informe).

Para decidir os métodos e as técnicas de investigación que se queren utilizar na investigación pode utilizar a bibliografía de referencia (arquivo bibliografia).
100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia
desenvólvese en varios niveis e dimensións. Partindo do marco xeral do
obxectivos, e dicir, das capacidades, a avaliación intentará recoller e valorar
aqueles aspectos relacionados co campo dos coñecementos, campo dos
procedementos, campo actitudinal e campo relacional.

Entendemos que o equilibrio estará
en que o alumnado acade estas catro grandes dimensións que dalgunha forma
contribuirá a que se forme máis integralmente.

Os traballos presentados
avaliaranse partindo dos seguintes criterios:

• Demostración da utilización e
dominio dos coñecementos disponibles nos documentos traballados na aula para
contrastar as propias ideas, apoialas e fundamentalas.

• Comprensión das ideas básicas
contidas nos materiais utilizados e analizados

• Elaboración da expresión das
ideas propias argumentadas

• Capacidade de escoita e
receptividade das ideas dos outros pa a mellora do rendimento académico

• Crítica razonada de posicions e
de feitos fundamentados con argumentos, utilizando un vocabulario técnico
propio da materia.

• Claridade expositiva nos debates
e habilidades de comunicación,

• Estructura correcta da
presentación do proxecto seguindo as pautas traballadas na aula.

• Estructura lóxica das ideas no
documento presentado

• Calidade das aportacions e
expresións de ideas innovadoras, contribucións no traballo en grupo, compromiso
nas diversas tarefas.

O alumnado presencial que non asista ao tres sesións obrigatorias ou o semipresencial á primeira obrigatoria deberá facer un exame final da materia sobre o temario, bibliografía e lecturas proporcionadas nas guía docente e/ou a plataforma FAITIC. A data deste exame tanto para a primeira convocatoria como para a segunda (Xullo) efectuarase nas datas sinaladas para exames pola FFT. O alumnado que se atope nesta situación deberá porse en contacto co profesorado da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000