Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Teatro e Artes Escénicas
 Materias
  Introdución á Investigación Científica e Métodos de Investigación nas Ciencias Humanas e Sociais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral A avaliación da docencia da aula levarase a cabo co seguimento das actividades propostas; a avaliación da docencia práctica, mediante control da participación (mínimo de asistencia do 70%, en ambas as dúas sesións), ademais de calquera outro requisito esixido para o seu desenvolvemento. 10 A4
Prácticas en aulas de informática - Estudo dos temas da materia.
- Participación en grupos de estudo.
- Interacción cos compañeiros.
- Busca de información e datos en Internet ou outras fontes documentais.
- Realización das tarefas prácticas na aula.
10 D1
Observación sistemática - Demostración da utilización e dominio dos coñecementos dispoñibles nos documentos traballados na aula para contrastar as propias ideas, apoialas e fundamentalas.
- Comprensión das ideas básicas contidas nos materiais utilizados e analizados.
- Elaboración de expresión das ideas propias argumentadas ou Capacidade de escoita e receptividade para a mellora do rendemento académico.
- Crítica razoada de posicións e de feitos fundamentados con argumentos, utilizando un vocabulario técnico propio da materia.
- Claridade expositiva, habilidades de comunicación, rigor científico, entre outros.
- Estrutura correcta da presentación do proxecto seguindo as pautas traballadas na aula.
- Estrutura lóxica das ideas nas prácticas e documentos presentados.
- Calidade das achegas e expresión de ideas innovadoras, contribucións no traballo en grupo, compromiso nas tarefas.
80 A1
A2
A4
C6
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado presencial que non asista ao tres sesións obrigatorias ou o semipresencial á primeira obrigatoria deberá facer un exame final da materia sobre o temario, bibliografía e lecturas proporcionadas nas guía docente e/ou a plataforma FAITIC. A data deste exame tanto para a primeira convocatoria como para a segunda (Xullo) efectuarase nas datas sinaladas para exames pola FFT. O alumnado que se atope nesta situación deberá porse en contacto co profesorado da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000